Blanca
Blanca
Municipio da rexión de Murcia, situado sobre o Segura, ao NO da cidade de Murcia, sobre a árida e escabrosa serra de Peña Negra (87,74 km/h2; 5.690 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (cereais e cultivos hortícolas), na gandería lanar e nas conservas. A poboación pertenceu antigamente ao Valle Ricote. De fundación árabe, foi erixida como vila por Filipe II.