"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • de azacotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimentar a alguén para matarlle a fame.

    2. Proporcionar alimentos a un animal para cebalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de golf. Gañou a copa do mundo por equipos (1976 e 1977), o Open Británico (1979, 1984 e 1988), o Masters de Augusta (1980 e 1983), o Masters Británico (1991), o Perrier, o Open de España e a Ryder Cup (todos estes en 1995). En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das lamiáceas ao que pertence a estruga molar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Ballotes Gravado rupestre situado na Torre dos Meadelos (Vilagarcía de Arousa). Esta estación está composta por varias rochas de granito de gran groso con representacións de tipoloxía moi ampla: coviñas, combinacións circulares, zoomorfos e unha posible escena de monta. Destacan tres grandes figuras de cérvidos, sumamente esquematizadas e de tamaño moi grande, gravadas na parede inclinada cara ao NO dunha das rochas. Os tres cervos camiñan, máis ou menos aliñados, en dirección N-S. A escena de doma ou monta está constituída por un cuadrúpede en actitude estática sobre a que aparecen uns trazos que delinean o torso e os brazos dunha figura humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estruga molar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creba económica dunha empresa ou persoa que polo xeral ten a súa orixe nunha actividade fraudulenta. A palabra ten a súa orixe na Idade Media, cando os cambistas que caían na miseria rachaban o banco no que sentaban para efectuar as súas operacións nos mercados, nun xesto que significaba o cesamento das súas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado á beira do río Alcarrache, no pé da serra de Santa María (3.938 h [1996]). As súas principais actividades económicas son a agricultura e a gandería. Tamén destaca a industria da cortiza. Este perfil agropecuario favoreceu durante o s XX a emigración dos seus habitantes cara a outras áreas máis desenvolvidas, especialmente Catalunya, factor que desencadeou transformacións na súa dinámica demográfica que repercutiron nun forte descenso con respecto ás cifras iniciais. En Barcarrota naceu Hernando de Soto, conquistador da Florida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena árbore de follas sempre verdes, ovadas, de pecíolos longos e alados, flores pequenas, brancas e moi olorosas. Procedente da parte tropical e subtropical do SL de Asia, plántase en distintos países de Europa, sobre todo en Calabria e Sicilia. Algunhas variedades cultívanse como ornamentais.

    2. Froito da árbore do mesmo nome, duns 7 a 10 cm de diámetro, piriforme, cítrico acedo pero moi perfumado, de cor marela pálida e pel delgada e rica nun aceite esencial, coñecido como aceite de bergamota e con uso en confeitería. Coa polpa prepáranse doces e conservas.

    3. Denominación común de distintas variedades de peras de forma arredondada, aplanadas no pecíolo, e de polpa rica en zume.

    4. Aceite esencial obtido ao espremer a pel da bergamota. Contén principalmente acetato de linalilo (34-45%), limoneno e linalol. Emprégase en cosmética e perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira edición políglota da Biblia. Foi promovida polo cardeal Francisco Jiménez de Cisneros e encargada á Universidade de Alcalá. A obra estampouse entre o ano 1514 e o 1517, pero só se puido difundir despois de que León X outorgase a autorización no ano 1520. Consta de 6 volumes. O texto latino ía acompañado do grego, do hebreo, do dos Setenta e do Targum de Onkelos, con versións interlineais e literarias en latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edición políglota da Biblia patrocinada por Filipe II e dirixida por Benito Arias Montano. Baseada na edición da Complutense, introduciu numerosas correccións. Publicada entre o 1569 e o 1573, consta de 8 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bocel, redondo ou ovalado, cun, dous, tres ou máis ollos e unha pequena fenda no canto para abrazalo. Actualmente están sendo substituídos polos tensores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto da fauna e flora dunha zona ou dun biótopo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e médico francés. Foi profesor de Anatomía e Zooloxía na facultade de Ciencias da Universidade de París. Combateu as ideas de Georges Cuvier ao non admitir os cataclismos sucesivos e as creacións sucesivas (teoría do catastrofismo). Entre as súas publicacións cómpre destacar Introdución a unha nova distribución do reino animal (1816) e Manual de malacoloxía e conquilioloxía (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO