"AES" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. En poesía evolucionou do naturalismo, que reflectiu en Odes e canções (1884), ao simbolismo, en Cantos do Estio e do Outono (1908). A súa novela O brasileiro Soares (1886) sitúase na corrente naturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de dúas galaxias irregulares do ceo austral, próximas á Vía Láctea, descritas por primeira vez por F. Magalhães en 1519. A máis grande, chamada Gran Nebulosa de Magalhães, está situada na constelación da Dourada, a unha distancia de 170.000 anos luz, e semella unha galaxia espiral barrada en formación. A máis pequena, denominada Pequena Nebulosa de Magalhães, está situada na constelación do Tucano a unha distancia de 140.000 anos luz. Teñen máis de 3.000 cefeidas.   H. Leavitt deduciu a relación do período de luminosidade, de tal maneira que o coñecemento do período da estrela permite deducir a súa luminosidade intrínseca, que fai posible, por comparación coa luminosidade aparente medida, determinar a distancia á estrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido de orixe galega Marzán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dilatación difusa do esófago, que pode ser sintomática (dun cancro de cardia, por exemplo) ou ben funcional, a causa dunha disfunción das células ganglionares dos plexos mientéricos e submucosos, entón o esfínter esofáxico inferior dilátase e dificulta o baleirado do esófago cara ao estómago (acalasia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do ciclo menstrual que se produce cando non hai fecundación e que se corresponde coa fase involutiva do corpo lúteo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e músico brasileiro. Coñecido como Vinicius de Moraes, presentou un estilo populista e triunfou coa peza dramática Orfeu da Conceição (1956), orixe do filme Orfeu Negro (1959). Renovou a música popular coa creación da bossa nova, e da súa discografía destacan Canção de Amor Demais (1958), Os Afro-Sambas (1966), O Poeta e o Violão (1975) e Un Pouco de Ilusão (1980). Publicou libros como O caminho para a distância (1933), Cinco elegias (1943) e Pátria minha (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcus Vinicius Melo de Moraes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De formación militar, viaxou primeiro a Macao e logo a Xapón, onde fixou a súa residencia. Apaixonado pola cultura xaponesa, a súa obra mestra é a novela Dai-Nippon (1897). Tamén publicou Traços do Extremo Oriente (1895), O Bom-Odori em Tokushima (1916) e Os Serões do Japão (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe galega que trae como armas, en campo de azur, unha torre de prata, superada por unha aguia do mesmo metal. Outros traen, en campo de sinople, cinco vieiras de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Naturalizado estadounidense (1953), mostrou as súas tendencias pop e foi habitual do ambiente cultural de Nova York, onde entrou en contacto con experimentos teatrais influídos polo grupo Gutai. En 1963 expuxo o Bedroom Ensemble, unha reprodución a escala natural dun dormitorio, e en 1966 comezou as Soft Scultures, reproducións ampliadas e en materiais brandos de obxectos industriais e estandarizados, como pantalóns ou xeados, cos que acadou unha sátira mordaz da sociedade contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista pedagóxica publicada na Coruña a partir de 1965. Órgano de expresión do movemento educativo pedagóxico Padres y Maestros, durante a década de 1970 publicou monográficos ao longo do curso e, a partir de 1980, aumentou as seccións e a tiraxe para a súa distribución en toda España, Portugal e Hispanoamérica. O movemento pedagóxico naceu no colexio xesuíta de Santa María do Mar da Coruña, inspirado polos xesuítas Jesús Garrido Suárez, Joaquín Mª García de Dios e Fernando de la Puente Samaniego. Os seus obxectivos son a investigación no campo educativo, o desenvolvemento e difusión de novos métodos de aprendizaxe e a formación permanente de pais e educadores. Á revista Padres y Maestros tamén se engadiron Cuadernos para Educadores (1969), Laboratorios para las Escuelas de Padres (1972), Teaching Area (1973) e Prensa Didáctica (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano de Gallaecia situado no convento xurídico Astur. De orixe precelta, estendeuse polo litoral de Asturias entre os ríos Navia e Narcea. A súa capital era Flavion Avia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade grega de Italia, no golfo de Salerno (sinus Paestanus), na chaira bañada polo Sele. Fundada por colonos gregos de Sybaris, a mediados do s VII a C foi posta baixo a advocación do deus do mar, Posidón. Os lucanos apoderáronse dela cara a 400 a C e déronlle o nome de Paistom ou Paistos. Roma estableceu unha colonia latina co nome de Paestum en 273 a C. Descuberta no s XVIII, destacan as murallas e tres templos dóricos ben conservados: a basílica, o seu monumento máis antigo (s VI a C); e os chamados templos de Ceres (finais do s VI a C) e de Neptuno (450 a C?), dedicados respectivamente a Palas (Minerva) e Hera (Xuno). Os romanos construíron grandes edificios, como as termas, o pórtico do foro, o templo coñecido como da paz e o anfiteatro, dos que quedan vestixios. Entre 1967-1969 descubríronse novas tumbas, con pinturas, das que sobresae a dun home que salta á auga desde unha pasarela (480-470 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á institución ou empresa que, sen pertencer á Administración Pública, presenta fins semellantes aos do Estado e opera por delegación deste ou coopera con el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde de cabalaría creada en 1202 para comandar a expedición contra o campesiñado pagán de Livonia e Letonia. Fusionouse coa orde Teutónica en 1237 e decaeu con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que leva o estandarte.

    2. Soldado que portaba o vexillum no exército romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mansión romana que aparece citada nas fontes clásicas. Situábase na vía XVIII que ía de Braga a Astorga pola provincia de Ourense. Descoñécese a súa localización exacta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campamento militar romano estable que tiña como función o control dos territorios conquistados e servir de base ás tropas en campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO