Paestum

Paestum

Antiga cidade grega de Italia, no golfo de Salerno (sinus Paestanus), na chaira bañada polo Sele. Fundada por colonos gregos de Sybaris, a mediados do s VII a C foi posta baixo a advocación do deus do mar, Posidón. Os lucanos apoderáronse dela cara a 400 a C e déronlle o nome de Paistom ou Paistos. Roma estableceu unha colonia latina co nome de Paestum en 273 a C. Descuberta no s XVIII, destacan as murallas e tres templos dóricos ben conservados: a basílica, o seu monumento máis antigo (s VI a C); e os chamados templos de Ceres (finais do s VI a C) e de Neptuno (450 a C?), dedicados respectivamente a Palas (Minerva) e Hera (Xuno). Os romanos construíron grandes edificios, como as termas, o pórtico do foro, o templo coñecido como da paz e o anfiteatro, dos que quedan vestixios. Entre 1967-1969 descubríronse novas tumbas, con pinturas, das que sobresae a dun home que salta á auga desde unha pasarela (480-470 a C).

Palabras veciñas

Paeonia | Paër, Ferdinando | paesicos | Paestum | Páez | Páez, Fito | Páez, Rodolfo