Páez

Páez
  1. [ONOM]

    Apelido patronímico que deriva do nome propio Paio. Orixinario de Pontevedra, estendeuse por toda a Península.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, tres faixas ondeadas, de azul. Outros traen, en campo de azul, dez roeis, de ouro, coa disposicion de tres, tres, tres e un. Outra variante trae, en campo de azul, un castelo de ouro, aclarado de goles, rodeado de orla por nove roeis. Unha variante deste escudo trae, en campo de azul, unha torre de prata, rodeada de orla de nove roeis, de ouro; bordura de ouro. Outra trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, cos froitos de ouro, cun lobo, de sable, empinado ao tronco; en xefe, e sobre a árbore, unha aspa, de goles, entre dúas panelas da mesma cor. Outra trae en campo de sable, un luceiro de ouro; bordura de sinople cunha cadea, de ouro. Tamén existen as seguintes variantes: escudo cortado; 1ª, en campo de sinople, unha barra de ouro, e 2ª, axadrezado de sable e ouro, en dúas ordes. Por último, en campo de goles, un castelo, de ouro, coa torre da homenaxe co engadido dun brazo armado de prata, que empuña unha bandeira do mesmo metal, cargada coa cruz de Calatrava, de goles. Da porta do castelo colga unha cadea, de sable, da que pende un caldeiro da mesma cor. Baixo o caldeiro, un trébedes, en forma de aspa, con chamas de lume.

Palabras veciñas

Paër, Ferdinando | paesicos | Paestum | Páez | Páez, Fito | Páez, Rodolfo | paf!