Padres y Maestros

Padres y Maestros
[PUBLIC]

Revista pedagóxica publicada na Coruña a partir de 1965. Órgano de expresión do movemento educativo pedagóxico Padres y Maestros, durante a década de 1970 publicou monográficos ao longo do curso e, a partir de 1980, aumentou as seccións e a tiraxe para a súa distribución en toda España, Portugal e Hispanoamérica. O movemento pedagóxico naceu no colexio xesuíta de Santa María do Mar da Coruña, inspirado polos xesuítas Jesús Garrido Suárez, Joaquín Mª García de Dios e Fernando de la Puente Samaniego. Os seus obxectivos son a investigación no campo educativo, o desenvolvemento e difusión de novos métodos de aprendizaxe e a formación permanente de pais e educadores. Á revista Padres y Maestros tamén se engadiron Cuadernos para Educadores (1969), Laboratorios para las Escuelas de Padres (1972), Teaching Area (1973) e Prensa Didáctica (1977).

Palabras veciñas

Padrenda | Padrenda | Padrenda, San Cibrán de | Padres y Maestros | Padriñán | Padriñán, pazo de | padriño