padriño

padriño

(< lat v *patrīnu)

  1. s
    1. Home que asiste a unha persoa que recibe algún sacramento ou que profesa unha orde.

    2. Persoa que presenta o neno ás fontes bautismais e contrae a obrigación de educalo cristianamente a falta dos pais. Os avós adoitaban ser os padriños dos primoxénitos, e de aquí o nome de padriño ou madriña que lles é dado, fosen ou non os padriños de bautismo dos netos.

    3. pl

      Conxunto formado pola madriña e o padriño.

  2. s m

    Home que presenta e acompaña a alguén que recibe un honor ou un grao.

    Ex: Foille de padriño cando xurou o cargo de avogado.

  3. s m

    Home que asiste a outra persoa para asistila nos seus dereitos nun torneo, concurso ou nun acto similar.

  4. s m

    Home que protexe a alguén nas súas pretensións e que facilita a obtención dos seus propósitos.

    Ex: Dixeron que conseguira o traballo porque tiña un bo padriño.

Frases feitas

  • Quen non ten padriños non se bautiza. Expresión que indica que o que non ten unha recomendación non consegue aquilo que pretende.