padroado

padroado

(

  1. s m
    1. Axuda que ofrece unha persoa, unha institución ou un organismo.

      Sinónimos: padroádego, patrocinio.
    2. Función exercida en calidade de patrón.

      Sinónimos: padroádego.
  2. s m
    1. Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.

      Sinónimos: padroádego.
    2. Institución de carácter benéfico ou cultural.

      Sinónimos: padroádego.
  3. dereito de padroado [RELIX]

    Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiais, reitorías e beneficios. O padroado eclesiástico corresponde a algunha igrexa, dignidade ou oficio eclesiástico; o padroado laico corresponde aos segrares; e o padroado mixto participa das dúas calidades, ou concorren na fundación persoas con bens eclesiásticos e con bens familiares. O dereito de padroado podíase adquirir por fundación, coa doazón do terreo, a edificación da igrexa e a dotación do seu mantemento; por reedificación, cando se pactaba co bispo; por prescrición, de máis de 40 anos e posesión inmemorial se se trataba dunha igrexa libre; e por privilexio, cando o outorgaba a Santa Sé. O código de dereito canónico que entrou en vigor en 1918 tendía xa á desaparición dos padroados. En España, no Concordato de 1753 entre Fernando VI e Benedito XIV triunfou o regalismo reafirmando o dereito de presentación, que se mantivo nos concordatos da Santa Sé co goberno español dos anos 1851 e 1853. O Rei Xoán Carlos I renunciou a el en 1976.

  4. padroado real [HIST/DER]

    Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.

Formas incorrectas

patronato