"AGR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 482.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Betanzos. Descende dun cabaleiro que estando ao servizo do Rei Alonso II o Casto foi quen de botar os mouros da Coruña nunha loita desenvolvida nun campo de vides que tiña o froito en agraz (aínda sen madurar), de onde probablemente tomaría o nome. Cabaleiros desta caste foron a Castela no 1246 para axudar a Fernando III o Santo na conquista de Jaén e, nestas terras andaluzas, fundaron outra casa. As súas armas levan, en campo de ouro, dous acios de agraz pendurados dun bacelo de videira con follas da súa cor natural, ao igual ca os cangallos.
-
-
-
Que ten unha acidez desagradable, de sabor semellante ao do limón ou vinagre.
-
Sabor acedo desagradable que adquiren determinados alimentos a causa dunha alteración por microorganismos, principalmente do xénero Lactobacillus.
-
viño agre
iño que adquiriu un sabor agre por efecto dunha acetificación parcial causada por bacterias do xénero Acetobacter.
-
-
Que fere, que produce desacougo.
-
Que amosa mal carácter.
-
-
-
Tornar agre, de sabor semellante ao do limón ou vinagre.
-
Ter sabor acedo ou agre unha cousa.
-
olverse agre, adquirir un sabor acedo.
-
Enfastiar ou incitar a un animal, polo xeral ás abellas.
-
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Soria, Castela e León, ao pé da serra do Moncayo e regado polo río Queiles (3.521 h [1996]). Dende o punto de vista arquitectónico salientan as igrexas de Nuestra Señora de la Peña (s XII), de San Miguel (s XV), de Nuestra Señora de los Milagros (s XV), así como as súas murallas medievais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor da escola aragonesa. Coñécese por unha das súas obras, o retablo de San Miguel de Ágreda (1519), de estilo tosco e expresivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abadesa do mosteiro franciscano de Ágreda. Procesada pola Inquisición, saíu absolta das acusacións. Foi conselleira do Rei Filipe IV. Escribiu obras ascéticas e místicas, destacando La mística ciudad de Dios (1670), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 27 de setembro de 1162, á morte de Ramón Berenguer IV, entre Fernando II de León e o Rei de Aragón Afonso I, aínda neno, representado polos seus conselleiros. Fernando comprometeuse a defender a Afonso e a casar a súa irmá Sancha con el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Campilla e en Ágreda o 27 e o 28 de marzo de 1281 entre Pedro II de Aragón, Afonso X de Castela e o seu fillo Sancho. A cambio do recoñecemento deste último como herdeiro de Castela, Pedro obtivo diversas vilas. No tratado tamén se acordou a conquista e repartición de Navarra.
-
-
Cometer unha agresión sobre alguén ou algo, con intención de matar, ferir ou facer mal.
-
Molestar intensamente ou causar unha impresión moi negativa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode agregar.
-
-
Acción e efecto de agregar ou agregarse.
-
Unión histoxenética de células disociadas.
-
Reunión de individuos dunha mesma especie nun territorio reducido.
-
Conxunto de sons verticais que, a diferenza do acorde, non están suxeitos a leis harmónicas tradicionais.
-
Categoría do profesor agregado.
-
Unión dunha ou diversas leiras ou dunha ou diversas partes segregadas de leiras inscritas nunha outra tamén inscrita, sempre que esta represente o quíntuplo daquelas ( agrupación). Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agregación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico.
-
Unión dun municipio a outro co que fai linde na súa totalidade ou en parte.
-
Fase da hemostasia consistente na aglomeración de plaquetas no foco da lesión vascular. Este feito vén desencadeado polo contacto das plaquetas co tecido endotelial.
-
-
-
de agregar.
-
Conxunto de cousas homoxéneas que se consideran formando un corpo.
-
Conxunto ou suma de diferentes cousas ou persoas.
-
Funcionario ou empregado adscrito a un posto ou praza do que non é titular.
-
Oficial de mariña mercante en período de prácticas para obter o título de piloto.
-
Mariñeiro que asiste ás manobras de posta do cerco e extracción do peixe do cope.
-
Profesor de bacharelato ou universitario de rango inmediatamente inferior ao de catedrático.
-
Funcionario adscrito a unha función diplomática que desenvolve as funcións propias da súa especialidade.
-
Magnitudes globais, obtidas a partir dos datos subministrados polas diferentes contas macroeconómicas e correspondentes a conxuntos estatísticos definidos, que permiten calcular as magnitudes globais da actividade económica.
-
Aglomeración rural que forma parte dun municipio, dentro do cal pode constituír unha entidade local menor e que depende administrativamente da cabeza ou capital deste.
-
...
-
-
-
Unir unha persoa ou unha cousa a unha colección ou a un conxunto de persoas ou cousas formando un todo.
-
Incorporarse a un conxunto ou formar parte dunha xuntanza de persoas, unha cousa ou conxunto de cousas.
-
Destinar a alguén a unha oficina ou outro lugar de traballo sen lle dar praza fixa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que tende a agregar.
-
-
Aquilo que se engade a algunha cousa, en particular en construcións.
-
Dependencias accesorias e próximas á casa labrega como son as cortes, adegas e alpendres.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar grelos as plantas.
-
GALICIA
Praia da beira meridional da Ría de Pontevedra situada na parroquia de Cela, concello de Bueu, entre as puntas Corveiro ao S e Cabezón da Ría ao N.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 550 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: No
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: No
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: No BANDEIRA AZUL: No
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: No SINALIZACIÓN DE PERIGO: No POLICÍA LOCAL: No POSTO CRUZ VERMELLA: Si EQUIPO SALVAMENTO: Si
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo,... -
GALICIA
Profesor da Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Estudou na Escola de Artes Decorativas de Madrid. Participou en numerosas exposicións dende mediados da década de 1960, desvencellado de calquera movemento ou escola, aínda que sempre cunha proposta estética comprometida coa realidade popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral, cunha traxectoria estreitamente vinculada á súa vila natal, onde desenvolve unha importante actividade no eido da animación e promoción do teatro escolar e afeccionado. En 1973 potenciou a creación do grupo Candea co que realizou diversos espectáculos, entre os que cómpre salientar Pancho de Rábade (1974), a partir dun texto homónimo de Álvaro de las Casas, ou Noite de lobos (1975), Metá e metá (1976) e O mestre (1978), a partir de textos da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutorado en Sagrada Teoloxía con especialización en Liturxia no Pontificio Ateneo Antoniano de Roma. Foi vigairo provincial da provincia franciscana de Santiago e secretario da Facultade de Teoloxía do Pontificio Ateneo Antoniano. Desde 1986 desempeña o cargo de secretario da provincia franciscana de Santiago, amais de ser promotor de Formación Permanente e mestre de Liturxia e Teoloxía Espiritual no Instituto Teolóxico Compostelano. Participou na preparación das edicións galegas do Diurnal e do Leccionario.
VER O DETALLE DO TERMO