"AIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • Silicato hidratado de ferro e calcio, de fórmula CaFe3[OHO (Si2O7)]. Cristaliza no sistema rómbico; é de cor negra; ten dureza 5, 5-6 e peso específico 4,1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de   Kuwait (98 km2; 305.694 h [estim 1998]). A súa capital é Al Kuwait.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESTADO

    Estado de Asia, ao N da Península Arábiga, limita ao O e ao N con Iraq, ao L co Golfo Pérsico, e ao S con Arabia Saudí (17.818 km2; 2.023.000 h [estim 2001]). A capital é Al Kuwait.
    Xeografía
    Kuwait comprende unha rexión continental e oito pequenas illas. É un país chairo e desértico que forma parte da chaira litoral do extremo NO do Golfo Pérsico; a máxima altitude está no SO do país, onde se acadan os 300 m sobre o nivel do mar. Ten un clima desértico, con chuvias moi escasas. Non hai ríos nin vexetación. As actividades agrícolas son casi inexistentes a causa do solo deficiente e a escaseza de auga potable (só se obtén auga potable depurando a auga do mar). Os principais cultivos son os melóns, os tomates e os dátiles. A pesca, sobre todo de gambas, é un recurso moi importante, pero o principal recurso do país é o petróleo. Como consecuencia dos ingresos que proporciona a exportación de hidrocarburos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Kuwait e da provincia homónima (28.859 h [1995] e 192.800 h [1995] na aglomeración urbana). Porto situado no fondo do Golfo Pérsico, a súa economía baséase nas refinerías e na exportación de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Kuwait ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Kuwait.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Maitland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor francés. Coñecido como Frédérick Lemaître, comezou a súa carreira nos teatros de variedades, onde participaba nos máis diversos espectáculos. Despois de tres anos no Odéon, onde representou papeis menores, en 1924 participou na posta en escena do melodarama L’Auberge des Adrets no Théâtre de l’ Ambigu. Coa chegada do drama romántico realizou diversos espectáculos nos teatros Odéon, Porte-Saint-Martín, Ambigu, Folies Dramatiques e Varietés, particularmente con obras de Victor Hugo e Dumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antoine Louis Prosper Lemaître.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico e matemático belga. Traballou na relatividade xeral de Einstein e nas aplicacións en cosmoloxía, tamén investigou a recesión das galaxias e fixo unha interpretación sobre a orixe do universo, que propón que este se orixinou nun punto e se expande indefinidamente; esta hipótese veríase modificada por G. Gamow no coñecido modelo do Big Bang. As súas obras máis coñecidas son Discussion sur l’évolution de l’univers (1933) e L’hypothèse de l’atome primitif (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Traballou na construción da catedral de Siena, e desde 1310 dirixiu as obras da catedral de Orvieto, que deixou sen rematar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor venezolano. Foi o autor romántico máis destacado de Venezuela, sobre todo salienta a súa obra lírica. Escribiu Ecos de Choroní (1844) e postumamente Obras Poéticas (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do oficio divino e primeira das horas canónicas no rito romano que se corresponde coa antiga velada nocturna. Tradicionalmente dividíronse en tres quendas, cada unha cun grupo de salmos e lecturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista escocés. Pronunciou unha teoría do valor baseada na utilidade e tratou o problema do exceso de oferta de bens. Escribiu Inquiry into the Nature and Origin of Public Wealth (1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Lauderdale. Como representante dos covenanters en Inglaterra, negociou con Carlos I o recoñecemento do presbiteranismo. En 1669, foi nomeado secretario de estado para Escocia, onde restableceu o poder real e derrotou os covenanters (1679).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discípulo de Buda. Foi un dos grandes bodhisattva do mahāyāna. Considérase o sucesor de Buda e o salvador do mundo actual, que restaurará por última vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa que forma parte de Illas Salomón, ao SO do Pacífico (3.885 km2; 77.900 h [1986]). É unha illa montañosa e cuberta de bosque. A súa capital é Auki.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Autora de contos, novelas e ensaios, tamén colaborou como guionista en series de televisión como Santa Teresa de Jesús ou Celia. Realizou numerosas traducións de obras literarias, como Madame Bovary, de Flaubert; Cuentos, de Charles Perrault; El primo Basilio, de Eça de Queiroz; ou Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë. Da súa produción destacan El balneario (1954), Entre visillos (Premio Nadal, 1957), Las ataduras (1960), El proceso de Macanaz: historia de un empapelamiento (1970), Usos amorosos del dieciocho en España (1972), Desde la ventana. Enfoque femenino de la literatura española (1987), Caperucita en Manhattan (1990), La reina de las nieves (Premio Nacional de las Letras 1994) e Lo raro es vivir (1996). Recibiu o Premio Nadal (1957), o Premio Nacional de Literatura (1978), o Premio Príncipe de Asturias (1988), compartido con Xosé Anxo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (2.617 km2; 88.000 h [estim 1987]). A súa capital é Mullaittivu (7.192 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor lituano. Destacado tradutor e crítico literario, os seus primeiros poemas son de estilo romántico e popular lituano. A partir de 1918 compuxo poemas patrióticos simbolistas, e tamén outros de aspecto místico. Na prosa adoptou técnicas realistas. Publicou Raudoni žiedai (Flores vermellas, 1913), Vergas (O escravo, 1924) e Altoriu šešėly (Á sombra do altar, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1997 que cesou en 2000. Subtitulada “Revista de música folk e tradicional”, estivo dirixida por Carlos Corral. Saíu cada dous meses cunha tirada de 3.000 exemplares. A publicación incluíu entrevistas, artigos sobre música tradicional e folk de Galicia, Irlanda ou Asturias, ademais de traballos de divulgación sobre as orixes e instrumentos tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO