Na Gaits
Na Gaits
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1997 que cesou en 2000. Subtitulada “Revista de música folk e tradicional”, estivo dirixida por Carlos Corral. Saíu cada dous meses cunha tirada de 3.000 exemplares. A publicación incluíu entrevistas, artigos sobre música tradicional e folk de Galicia, Irlanda ou Asturias, ademais de traballos de divulgación sobre as orixes e instrumentos tradicionais.