Na Lúa

Na Lúa
[MÚS]

Grupo de música folk que se creou en 1980 e que destacou por promulgar os vínculos entre a música galega e a portuguesa. Ao longo da súa historia contaron coa participación de Uxía Senlle, polo que se converteu nun dos primeiros grupos con voz feminina. Da súa discografía destacan Na Lúa (1985), Ondas do mar de Vigo (1988), Peliqueiro (1994), Os tempos son chegados (1997), Feitizo (1999) e As fases de Na Lúa (2001).