"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • Abū ‘Alī al- Palatino; Ḥ usayn ibn Sīnā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coller un vicio ou un mal costume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á avicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos lamelibranquios da familia dos avicúlidos, de cuncha ovada e fráxil con dous apéndices aliformes dispostos oblicuamente. Propio de mares cálidos e temperados, en Europa só se atopa a especie A. hirundo. Algunhas especies son produtoras de perlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo das colonias dos briozoos, que lembra vagamente a cabeza dunha ave, especializado en funcións defensivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos avicúlidos.

    2. Molusco da familia dos avicúlidos.

    3. Familia de moluscos lamelibranquios asifonados mariños, que engloba unhas 150 especies vivas e máis de 100 especies fósiles propias de mares cálidos e temperados. En Europa só está representada o xénero Avicula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á avicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica para a cría de aves en xeral e, máis particularmente, das aves de curral (galiñas, gansos, e tamén pombas, paspallás, perdices, faisáns, pavos, etc). Pode ter interese para a obtención de exemplares ornamentais (gansos, cisnes e outros anátidos) ou aptas para algún tipo de exhibición (galos de pelexa), pero a súa finalidade principal é a obtención de ovos, carne e plumas. A gran demanda destes produtos avícolas trouxo consigo a necesidade dunha gran produción e dun rendemento óptimo dos animais, conseguidos mediante a selección dos mellores reprodutores e pola creación de híbridos que reúnan unhas características de calidade e de rendemento superiores ás das razas orixinais. A produción industrializada de carne (polos de pouca idade, chamados broilers) experimentou nos últimos anos un pulo moi grande iniciado despois da proliferación das granxas dedicadas á produción de ovos. É importante o fenómeno da integración na Avicultura; mentres que a produción de ovos está dominada,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo inmoderado por obter algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicoproteína da clara do ovo das aves que, ao ser consumida sen desnaturalizar, se une á biotina no tracto dixestivo inactivándoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avir ou avirse.

    2. Que se puxo de acordo ou que se reconciliou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un desexo inmoderado.

    2. Que manifesta un gran desexo por algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano, poeta e xeógrafo. Considerado natural da actual Ribadavia. Consérvanse varias obras súas: Descriptio Orbis Terrae, tamén chamada De situ Orbis, e Epigrammata varia, que inclúe Syrenum Allegoria, Falviano Myroncico, Epigramma, Ad Amicos de Agro e Epigramma. A máis coñecida é a Ora maritima, poema do que só se conserva o primeiro libro, dedicado a Iberia, que constitúe unha fonte de primeira orde para o coñecemento xeográfico da Gallaecia na Antigüidade, principalmente do seu poboamento, xa que sitúa no noroeste da Península os pobos dos saefes e dos dragani. No libro descríbese a costa mediterránea da Península Ibérica e o litoral atlántico dende as Columnas de Hércules (estreito de Xibraltar) ata as Illas Británicas. Avieno recorreu á descrición do litoral da Península Ibérica dun autor anónimo de Massalia (Marsella) de finais do s VI a C, que destaca o pouco coñecemento que ten do interior da Iberia e da súa costa atlántica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de todas as especies de aves que habitan nunha rexión ou nun período de tempo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima da Comunidad Autónoma de Castilla y León, situada na área de contacto entre a serra de Ávila e a Meseta setentrional, sobre o val do Adaja, a 1.126 m de altitude (47.187 h [1996]). A cidade posúe industrias derivadas da agricultura, dos tecidos de algodón, fabricación de vehículos industriais, e actúa como centro de área comercial para gran parte da súa provincia. Estivo integrada na Lusitania romana e Ávila foi ocupada alternativamente, despois do século VIII, polos cristiáns e polos musulmáns. Afonso VI reconquistouna definitivamente no 1088; logo foi repoboada por Ramón de Borgoña con xente vida de Covadela, Lara e outros lugares de Castela. Convertida nun centro de atracción da comarca, foi visitada por árabes e xudeus. A comezos do s XIV conviviron xentes das tres relixións. Durante a guerra das comunidades, foi unha das primeiras cidades que se ergueu, converténdose na sede da primeira xunta de comuneiros. A comezos do s XVII iniciou a súa decadencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunidad Autónoma de Castilla y León (8.048 km2; 169.342 h [1996]), situada ao NO da serra de Guadarrama. A capital é Ávila. Integrada por 267 municipios (1996) destacan, ademais da capital, as vilas de Arenas de San Pedro, Arévalo, Candeleda e Las Navas del Marqués. É a cuarta provincia española de menor poboación (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Home polifacético que combinou a súa profesión de mestre coa literatura, a fotografía, a música, a pintura e a política. Participou activamente no eido musical como profesor e compositor de pequenas pezas, e na fundación da Banda Municipal de Fisterra (1924); en 1928 fundou Ecos de Sil, orfeón e rondalla de Petín (Valdeorras) e no 1932 a Banda Municipal de Viana do Bolo, da que tamén foi director. No 1925 acadou a alcaldía de Fisterra, mantendo o cargo ata 1927. Colaborou en publicacións da época (Revista Gallega e Finisterre) con escritos e fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e historiador. Deixou manuscrita unha Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado, redactada entre 1839 e 1852; esta obra, que se conserva no Arquivo da Catedral de Tui, foi editada pola Xunta de Galicia en 1997. Así mesmo, o Museo de Pontevedra editou: El convento de ermitaños de San Cosme y San Damián, junto de Bayona (1942), Castillos de la tierra de Tuy (1943) e La Iglesia Colegiata de Bayona (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Plasencia (1852-1857) e de Ourense (1857-1866). Estudiou Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Carta pastoral que el Ilmo. Sr. D. José Ávila y Lamas, obispo de Plasencia dirige a sus diocesanos (1853) e Carta pastoral que el Ilmo. Sr. D. José Ávila y Lamas, obispo de Orense, dirige a sus diocesanos (a su entrada en el obispado) (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, político e pintor. Foi catedrático de Anatomía Artística na Escola de Belas Artes de Barcelona. Publicou Anatomía y Fisiología para uso de los Artistas (1906-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO