Ávila Cuadra, Federico

Ávila Cuadra, Federico

Home polifacético que combinou a súa profesión de mestre coa literatura, a fotografía, a música, a pintura e a política. Participou activamente no eido musical como profesor e compositor de pequenas pezas, e na fundación da Banda Municipal de Fisterra (1924); en 1928 fundou Ecos de Sil, orfeón e rondalla de Petín (Valdeorras) e no 1932 a Banda Municipal de Viana do Bolo, da que tamén foi director. No 1925 acadou a alcaldía de Fisterra, mantendo o cargo ata 1927. Colaborou en publicacións da época (Revista Gallega e Finisterre) con escritos e fotografías.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viana do Bolo

  • Deceso