"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
PERSOEIRO
Trobador, nomeado tamén Adam le Bossu. Estivo ao servizo do Rei de Nápoles Carlos de Anjou. Autor de numerosas cantigas satíricas e de catorce rondeaux a diversas voces, un feito sen precedentes. Está considerado como o iniciador do teatro profano en Francia debido ás súas obras cómicas Jeu de la feuillée (Xogo das follas, 1260?) e Jeu de Robin et Marion (Xogo de Robin e Marion, 1282?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor en lingua latina, probablemente de orixe bretona. Perfecciona a poesía rítmica medieval, escribiu secuencias adaptadas á forma estrófica do himno e compuxo prosas para cada tempo litúrxico do ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor de música escénica. Foi profesor no conservatorio de París. Compuxo 39 óperas, entre as que cómpre mencionar Le postillon de Longjumeau (O condutor de Longjumeau, 1836) ou Si j’étais roi (Se eu fose rei, 1852), e o ballet Giselle (1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escribiu satiricamente sobre a virtude dos cartos e contra a condición feminina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, pintor, gravador e tapiceiro francés, de familia de xoieiros. Inicialmente foi pintor. No ano 1944 realizou diversos traballos para a estrea da obra de Jean Paul Sartre Les mouches (As moscas), dirixida por Charles Dullin. Autor de obras monumentais, inspiradas nun expresionismo poscubista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Escribiu, entre outras obras, Das Wesen des Katholizismus (O celme do catolicismo, 1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, autor teatral e xornalista francés. Dende o Naturalismo evoluciona cara ao Simbolismo. Escribiu a novela cíclica Le temps et la vie (O tempo e a vida, 1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMES
Cume de Sri Lanka, ao S da illa (2.243 m de alt). Lugar de peregrinaxe budista e musulmana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rosario de escollos (30 km) que unen a costa SL da India e Sri Lanka, entre o golfo de Mannar e a badía de Palk.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e teórico da música. Organista da Real Capilla da Almudena en Madrid, publicou Documentos para la instrución de músicos (1786).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo policíclico saturado, interesante pola súa estrutura ríxida e moi simétrica, derivada da fusión de catro aneis de ciclohexano en forma de sela, sen tensións nin angulares nin conformacionais. Despide un arrecendo agradable e fúndese a alta temperatura (286°C). Atópase no petróleo. Por ataque directo deste obtéñense derivados haloxenados e nitroxenados.
-
-
Que ten as calidades do diamante.
-
Mineral que ten un brillo e unha dureza semellante á do diamante.
-
Que se caracteriza pola dureza.
-
-
Referente ao esmalte dentario.
-
órgano adamantino
Órgano de orixe ectodérmica que dá lugar ao esmalte dos dentes.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor do maxilar formado polos restos paradentais do esmalte dentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nos vertebrados, célula prismática do órgano adamantino, relacionada coa diferenciación dos odontoblastos e, posiblemente, coa segregación do esmalte dos dentes.
-
-
de adamascar.
-
Semellante ao damasco ou que contén elementos deste tecido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer tornar negativo un ligamento positivo ou viceversa, de xeito que a mostra ou tema decorativo siga brillando sobre un fondo mate.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión fisiográfica e histórica do Sudán, dividida entre o Camerún e Nixeria. Penichaira granítica, polo NO queda cortada pola fosa tectónica do Benué. O antigo país de Foumbina, ao redor do alto Benué, conquistado polos fulbo nos primeiros anos do s XIX, recibiu o nome de Adamaua do seu unificador (1805), Adama Hassani Ba. A partir de 1900, o país foi explorado polos británicos, os alemáns e os franceses. A rexión foi repartida entre os aliados (Francia e Gran Bretaña) despois da Primeira Guerra Mundial permanecendo esta división logo da independencia (a parte francesa no Camerún e a parte británica en Nixeria).
-
-
Relativo ou pertencente ás linguas do grupo adamaua-ubanguiano.
-
Grupo de linguas da familia níxero-congolesa. É coñecido tamén como adamaua-oriental. Non é doado establecer unha clasificación definitiva malia que o sistema de sufixos do subgrupo adamaua e de prefixos do subgrupo ubanguiano semellan probar o parentesco cos outros grupos da póla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nos equinodermos, cada unha das pequenas placas dispostas en ringleira que bordean as placas ambulacrais e teñen espiñas.