"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • Lingua africana que se inclúe na familia afroasiática e no grupo chádico oriental socoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Nafarroa, situado ao SO de Pamplona (18.936 h [1996]). Inclúese dentro da área urbana de Pamplona, onde traballa a maior parte da poboación. Pertenceu ao termo municipal de Cizur, e o seu desenvolvemento urbanístico produciuse no s XX, cando se transformou nun núcleo residencial da periferia inmediata da capital navarra. Está situado no camiño de peregrinación a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositora norteamericana. Realizou estudios no Queens College de New York e en Berlín con Blacher e posteriormente foi profesora nas universidades de Michigan e California (Los Ángeles). Dentro da súa produción destacan as pezas de cámara e estudios sobre a música do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Estudou Dereito en Colonia. Deputado da Democracia Cristiá a partir do 1957, foi ministro de Asuntos Alemáns (1962-1963), presidente da CDU (1971-1973), foi tamén ministro de Asuntos Interalemáns (1982-1983) e presidente do Bundestag (1983-1984), cargo ao que renunciou pola súa implicación en escándalos político-financeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción británica realizada en 1969 e dirixida por Guy Hamilton. Foi interpretada por Laurence Olivier, Michael Caine, Robert Shaw, Curd Jurgens e Susannah York, entre outros. Trátase dunha superprodución bélica baseada nos diversos intentos dos alemáns por invadir Gran Bretaña durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor abstracto. Deuse a coñecer en 1941. Fíxose famoso coas vidreiras da igrexa de Pla-teau d´Assy (1950) e coas cerámicas murais da igrexa de Audincourt. É autor do gran mosaico cerámico do palacio da UNESCO de París (1958). Publicou o libro Notas sobre la pintura actual (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder carbonario francés. Entrou en contacto coa doutrina de Saint-Simon no ano 1825. Foi redactor de Produteur (1825-1826), de Organisateur (1828-1839) e do Globe (1831). Xunto con Enfantin foi cabeza do Saint-simonisme dende o mes de decembro de 1829; tamén foi un dos seus principais teóricos, como demostrou na súa Doctrine de Saint-Simon: exposition (Doutrina de Saint-Simon: exposición, 1829). A consecuencia de diverxencias doutrinais, cara a decembro de 1831 deixou o cargo que compartía con Barthélemy-Prosper Enfantin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e teórico da arte francés. Foi o encargado de conservar as obras pitóricas no Musée du Louvre. Exerceu tamén como profesor da escola do Louvre (1941). É autor de diversas obras, como Histoire de l´art (Historia da arte, 1953) e Histoire de l´avant-garde en peinture (Historia da vangarda en pintura, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa ritual dos celtas irlandeses, segunda en importancia das celebracións anuais. Tiña lugar o primeiro día de maio, coincidindo coa condución dos rabaños aos pastos de estío. Eran características as grandes fogueiras, que tiñan como finalidade a preservación das enfermidades dos animais. Toma o seu nome da deusa Beltaine, protectora do gando e das colleitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo río Oria (12.331 h [1996]). Malia que é un centro da subárea comercial agrícola e gandeira, debe a súa importancia á industria, desenvolvida a partir de 1902 coa fundación dos talleres de fabricación e reparación de material ferroviario (Compañía Auxiliar de Ferrocarriles S A). Posteriormente, desenvolvéronse os subsectores siderometalúrxico (altos fornos e maquinaria), enerxético (central térmica), químico e alimentario. Na cidade destacan a igrexa parroquial da Asunción (ss XVI-XVIII) e a casa de Yarza (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción realizada en Gran Bretaña, Francia e Macedonia no ano 1994. Foi dirixida por Milcho Manchevski e interpretada por Rade Serbedzijza, Gregorie Colin. Obtivo o León de Ouro de Venecia, ex aequo, no 1994. Dividida en tres historias: “Palabras”, “Rostros” e “Imaxes”, amosa a crise relixiosa étnica que sofre Macedonia fronte á indiferenza de Occidente, a través dos ollos dun fotógrafo de guerra que volve ao seu fogar. A crise de conciencia que atravesa, levarao ao sacrificio no intento de achegar as comunidades cristiás e musulmanas que conviven nesas terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador, pintor e gravador francés. Traballou para a corte de Luís XIV. É autor de escenarios, vestidos e composicións para festas e celebracións. Foi o creador do estilo Berain, de grande influencia sobre os decoradores do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Foi médico de cámara de Carlos III e ocupou despois o cargo de primeiro catedrático no Jardín Botánico de Madrid. Foi o primeiro en publicar uns Principios de Botánica (1767), nos que empregou a nomenclatura binaria linneana e intentou fixar a terminoloxía botánica, procurando facer prevalecer formas populares sobre os neoloxismos derivados directamente do latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés prerromántico. Escribiu Voyage à l’ile de France (Viaxe á illa de Francia, 1773), en forma epistolar, onde se prefiguran as ideas sobre a natureza que expuxo máis tarde en Études de la nature (Estudios sobre a natureza, 1784). É autor da novela Paul et Virginie (Paulo e Virxinia, 1787), historia de amores irrealizables que transcorre nun clima exótico. A súa ideoloxía formula a inutilidade da ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal interno do hidróxido de carboximetil-trimetilamonio, que está amplamente distribuído entre os animais e os vexetais. Nos seres vivos fórmase por oxidación da colina, actúa como un axente metilante e transfórmase en dimetilglicina, sarcosina ou glicina. O clorhidrato de betaína, coñecido comercialmente como acidol, é un produto sólido que libera lentamente ácido clorhídrico, polo que se administra nas hipoclorhidrias ou aclorhidrias gástricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á betaína.

    2. Estrutura iónica de substancias orgánicas que, como a betaína, contén un grupo ácido (como o carboxil COOH) e un grupo básico (como a amina NH 2 ), ambos os dous ionizados simultaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bilbao ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bilbao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bizkaia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bizkaia.

    3. Dialecto do vasco falado en Bizkaia, algúns puntos de Araba e o O de Gipuzkoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e médico francés. Foi profesor de Anatomía e Zooloxía na facultade de Ciencias da Universidade de París. Combateu as ideas de Georges Cuvier ao non admitir os cataclismos sucesivos e as creacións sucesivas (teoría do catastrofismo). Entre as súas publicacións cómpre destacar Introdución a unha nova distribución do reino animal (1816) e Manual de malacoloxía e conquilioloxía (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO