bealltain*

bealltain*
s f [ETN/HIST]

Festa ritual dos celtas irlandeses, segunda en importancia das celebracións anuais. Tiña lugar o primeiro día de maio, coincidindo coa condución dos rabaños aos pastos de estío. Eran características as grandes fogueiras, que tiñan como finalidade a preservación das enfermidades dos animais. Toma o seu nome da deusa Beltaine, protectora do gando e das colleitas.