Bealo, San Pedro de
Bealo, San Pedro de
Igrexa parroquial situada no concello de Boiro. Construída no último terzo do s XII, conserva a súa ábsida románica. De planta rectangular, está delimitada por un arco triunfal de medio punto e, no interior da capela, conta cun arco faxón. Ambos descansan sobre catro columnas. Tres delas presentan capiteis con decoración vexetal a base de grandes follas lisas rematadas en bólas e volutas. No cuarto capitel aparecen dúas parellas de aves dirixidas cara aos vértices da cesta que semellan peteirar as follas.