betaína

betaína
Nome científico: [CH<sub> 3</sub> )<sub> 3</sub> NCH<sub> 2</sub> COO<sup> -</sup> ]
s f [QUÍM]

Sal interno do hidróxido de carboximetil-trimetilamonio, que está amplamente distribuído entre os animais e os vexetais. Nos seres vivos fórmase por oxidación da colina, actúa como un axente metilante e transfórmase en dimetilglicina, sarcosina ou glicina. O clorhidrato de betaína, coñecido comercialmente como acidol, é un produto sólido que libera lentamente ácido clorhídrico, polo que se administra nas hipoclorhidrias ou aclorhidrias gástricas.

Palabras veciñas

Beta | betacismo | betafita | betaína | betaínico -ca | betalipoproteína | betametasona