"Alonso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 177.
-
PERSOEIRO
Publicou en Santiago Pronósticos y observaciones astrológicas perpetuas de Thomas José Moult, astrólogo y filósofo, traducidas del francés al español por Francisco Alonso y Álvarez. Que tendrán su principio en el año 1773 y seguirán hasta el de 2376, y después siguiendo los números solares (como se explicarán) hasta el fin de los siglos (1768). O volume reeditouse na Coruña en 1812.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizou o sagrario da capela do Hostal dos Reis Católicos e o Santiago Peregrino de San Bieito do Campo (Santiago).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alicia Martínez del Hoyo.
-
PERSOEIRO
Lingüista e crítico literario. Discípulo de Menéndez Pidal no Centro de Estudios Históricos de Madrid. Foi director do Instituto de Filoloxía da Universidade de Bos Aires, onde publicou a Revista de Filología Hispánica (1939-1946). Ao pasar á Universidade de Harvard (1946-1952), dirixiu a Nueva Revista de Filología Hispánica (dende 1947), publicada polo Colexio de México. Como lingüista cultivou o campo da fonética (De la pronunciación medieval a la moderna en español, 1955) e a dialectoloxía (Problemas de dialectología hispano-americana, 1930, El problema de la lengua en América 1935). A obra de Alonso, que realizou achegas anovadoras con rigor científico, complétase con traducións de Karl Vossler, Charles Bally, Ferdinand de Saussure e, sobre todo, con estudios como a tese Estrutura de las Sonatas de Valle-Inclán, Poesía y estilo de Pablo Neruda (1955), que abriu novos camiños na estilística científica, Materia y forma...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Monxe cistercense. Ingresou no mosteiro de Carracedo (León) e foi abade do Colexio de San Bernardo de Alcalá de Henares, do de Meira, electo de San Martín de Castañeda (Zamora) e secretario da Congregación, participando entre 1771 e 1775 nas reformas da mesma. Entre os seus traballos atópanse Viaje del mundo de Descartes, que escribió y publicó en Francés el P. Gabriel Daniel de la Compañía de Jesús (Salamanca, 1742); as obras manuscritas, algunhas conservadas no mosteiro de Carracedo, Cuenta y razón de las Constituciones de los Jesuitas dada por Pedro Julio Duton Abogado general del Rey al Parlamento de Burdeos en los días 13 y 14 de mayo de 1762 traducidos a nuestro idioma, Doctrina de Caramuel inextinguible, Catálogo de los abades de Carracedo desde su primer Abad Zacarías, Vida de la Santa Reyna llamada Doña Teresa Gil, y de San Gil de Casayo; e a incompleta Apuntes sobre todos los Monasterios de Monges y Monjas de la Orden, Catedrales,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor castelán. Viviu en Madrid dende 1910 e cultivou a zarzuela con pezas como La Bejarana, composta en colaboración co mestre Serrano, La calesera e La Parranda. Posteriormente, tamén se dedicou ao mundo da revista, onde destaca a súa Las Leandras (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Dereito, deputado por Lugo e cabaleiro da Orde de Carlos III. Colaborou na fundación do xornal santiagués La Joven Galicia no ano 1859. Publicou algúns poemas na prensa e no Álbum de la Caridad figura a súa composición “Una verdad”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Avogado e notario de Ribadavia. Nos Xogos Florais de Pontevedra do 1905 resultou premiado o seu estudo Ventajas e inconvenientes de los foros gallegos. Publicou, así mesmo, La prescripción de los foros después de promulgado el Código Civil (1899) e na Revista Jurídica (1914) “Redención de foros”.
-
PERSOEIRO
Escritor. Descendente de pais galegos, foi membro na década dos cincuenta do grupo promotor da revista arxentina de vangarda, Poesía Buenos Aires. Ten publicado multitude de obras poéticas e ensaísticas en castelán. Entre os seus principais títulos destacan: Salud o nada (1954), Buenos vientos (1956), El músico en la máquina (1958), Duro mundo (1959), El jardín de aclimatación (1959), Gran Bebé (1960), Entre dientes (1963), Amores (1963), Hablar claro (1964, Premio Fondo Nacional das Artes), Palabras (1965), Relaciones (1968), Seis fuegos (1968), Hago el amor (1969), Guitarrón (1975), Señora Vida (1979), Cien poemas escogidos 1952-1977 (1980), Sol o sombra (1981), Poesía: lengua viva (1982, Mención Especial no Premio Nacional de Ensaio e Crítica Literaria), Alrededores (1983), Las hojas cantan con el viento...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
frei (s XVII) Monxe beneditino destacado polo seu labor como mestre de obras. A súa actividade céntrase en Santiago, onde se encargará da reforma da fachada principal do Hospital de Real (1678). Probablemente en colaboración con Domingo de Andrade tamén levará a cabo a construción da Casa da Parra (1683). Pero a súa gran obra será a dirección das obras do convento de San Martiño Pinario entre os anos 1677-1686, onde incorpora a súa concepción plasticista na ornamentación dalgunhas partes da fachada, na escaleira do refectorio ou na torre-campanario. Tamén ditaminou sobre as obras de construción da torre das campás da Catedral de Ourense en 1684. A súa linguaxe ornamental gusta de mesturas entre formas vexetais e a figura humana, acadando ás veces formas fantasiosas.
-
PERSOEIRO
Avogado. Estudiou Filosofía e Dereito na Universidade de Salamanca. Foi subsecretario da Gobernación e, despois da revolución do 1868, Presidente do Consello de Estado. En Madrid fundou o xornal El Guirigay e colaborou no Semanario Pintoresco. Ademais de numerosos traballos xurídicos, no 1834 publica o libro Poesías (1834), onde recolle composicións en castelán de estética neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e pintor. Aos 13 anos emigrou á Arxentina e instalouse en Bos Aires. Alí comezou a colaborar na revista Caras y Caretas da que chegou a ser caricaturista, faceta na que acadou éxito, sendo recoñecido como un dos principais debuxantes políticos de Bos Aires. No 1919 pasou a dirixir a revista e máis tarde foi fundador e director de Plus Ultra. Ademais de prestixiado pintor, pertenceu á Academia Real, foi Membro Correspondente da Real Academia Galega e Presidente da Comisión de Escuelas de la Provincia de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impresor instalado na cidade de Vigo no ano 1919. A súa imprenta estaba situada na rúa Tres Portiñas, 57.
-
GALICIA
Avogado do Estado. Afeccionado aos estudios históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os traballos titulados “O monopolio do comercio do diñeiro” e “Un punto de vista do nacionalismo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Máis coñecido na súa patria adoptiva, Uruguai, polo pseudónimo El Viejo Pancho. Aos catro anos trasladouse coa súa familia a Navia, Asturias, por mor da profesión de mestre do seu pai, e alí cursou os estudios primarios. Aos quince anos regresou a Ribadeo para facer estudios mercantís e aos dezaoito decidiu emigrar a América. Logo dunha breve estadía en Montevideo viaxou á Arxentina, onde permaneceu dous anos e comezou a escribir os seus primeiros versos. No 1877 trasladouse a Tala, en Uruguai, e continuou a súa tarefa creadora na prensa local e na elaboración de obras teatrais para o Grupo de Afeccionados de Tala. Xa casado, marchou ao Brasil onde permaneceu catro anos ata que en 1887 volveu a Tala, onde retomou os estudios para se facer procurador, profesión que exerceu o resto da súa vida. En 1902 asumiu a nacionalidade uruguaia e en 1908 ocupou un posto na Cámara de Representantes, polo Partido Nacional. Nos últimos anos viviu algún tempo en Montevideo. A súa obra...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Pintor. Despois dunha estadía en Suíza, onde realizou a súa primeira exposición na Galerie Tosin (Basel, Suíza 1975), volveu a Galicia e participou en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, entre as que destacan as realizadas na Galería Van Gogh (Vigo, 1975), no Real Club Náutico de Vigo (1980), Galería Noveccento (Vigo, 1981), Casa da Cultura (Vigo, 1983), Caixa de Aforros Municipal de Vigo (Vigo, 1984). Obtivo o II premio do certame Arte Xoven Galego II (Vigo, 1979) e a Mención de Honor Arte Xoven Galego III (Vigo, 1980). A súa pintura caracterízase por unha tendencia abstracta vinculada a un certo construtivismo, unha sorte de paisaxe desolado no que os planos aluden a un rigor xeométrico, cheo dunha atmosfera irreal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Exerceu na Cátedra de Antropoloxía da Universidade de Comillas (Santander). Nos anos cincuenta foi unha das primeiras voces que, dentro do estamento relixioso, comezou a preguntarse polo limo terrae nun sentido científico. A súa obra Hacia el origen del Hombre (1956) exerceu unha grande influencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor, xornalista e relixioso. Emigrou a Bos Aires e foi nomeado bispo auxiliar de Santiago del Estero (1937). Como xornalista colaborou en El Almanaque Gallego e El Eco de Galicia, e foi fundador do xornal Santiago e da revista La Defensa. Empregou o pseudónimo de Prisquito, publicando as seguintes obras: Trabajos sueltos (1924) e un estudo sobre Francisco Solano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. En 1975 promoveu a creación do Partido Popular Regional Valenciano, integrado posteriormente na Unión de Centro Democrático (UCD). Foi vicepresidente do Congreso dos Deputados nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982).Tamén ocupou o cargo de presidente da Comisión Constitucional, en que presidiu a comisión mixta de delegados desta e da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, que se reuniu en Madrid entre setembro de 1979 e outubro de 1980, para discutir o proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia, elaborado pola Comisión dos nove e que fora ratificado pola Asemblea de Parlamentarios.
VER O DETALLE DO TERMO