Alonso, Xoán Carlos

Alonso, Xoán Carlos

Debuxante e pintor. Aos 13 anos emigrou á Arxentina e instalouse en Bos Aires. Alí comezou a colaborar na revista Caras y Caretas da que chegou a ser caricaturista, faceta na que acadou éxito, sendo recoñecido como un dos principais debuxantes políticos de Bos Aires. No 1919 pasou a dirixir a revista e máis tarde foi fundador e director de Plus Ultra. Ademais de prestixiado pintor, pertenceu á Academia Real, foi Membro Correspondente da Real Academia Galega e Presidente da Comisión de Escuelas de la Provincia de Bos Aires.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires