Alonso, Rodolfo
Escritor. Descendente de pais galegos, foi membro na década dos cincuenta do grupo promotor da revista arxentina de vangarda, Poesía Buenos Aires. Ten publicado multitude de obras poéticas e ensaísticas en castelán. Entre os seus principais títulos destacan: Salud o nada (1954), Buenos vientos (1956), El músico en la máquina (1958), Duro mundo (1959), El jardín de aclimatación (1959), Gran Bebé (1960), Entre dientes (1963), Amores (1963), Hablar claro (1964, Premio Fondo Nacional das Artes), Palabras (1965), Relaciones (1968), Seis fuegos (1968), Hago el amor (1969), Guitarrón (1975), Señora Vida (1979), Cien poemas escogidos 1952-1977 (1980), Sol o sombra (1981), Poesía: lengua viva (1982, Mención Especial no Premio Nacional de Ensaio e Crítica Literaria), Alrededores (1983), Las hojas cantan con el viento (1983), No hay escritor inocente (1985, Premio Fondo Nacional das Artes, Segundo Premio Municipal de Ensaio), Jazmín del país (1988), El fondo del asunto (1989), Liturgias de una lengua (1989), Tango del gallego hijo (1995), entre outras. Así mesmo foi tradutor de numerosos poetas estranxeiros de diversos idiomas. No 1997 traduciu ao castelán unha selección de poemas de Rosalía de Castro nun volume que titulou Airiños, airiños, aires. A partir de 1956 exerceu asiduamente a crítica literaria no xornal tucumano La Gaceta. Dende 1980 é director da revista Galicia, do Centro Galego de Bos Aires. En 1986 foi designado polo Presidente Alfonsín Director do Fondo Nacional das Artes e en 1997 obtivo o Premio Nacional de Poesía da Arxentina. En galego, publicou composicións poéticas en diferentes revistas, como Dorna.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires