"Ames" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 215.

  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Traballou con Rutherford no estudo da desintegración artificial e da carga dos núcleos. En 1932 identificou a natureza do neutrón, traballou nas reaccións en cadea e en 1943 colaborou, como delegado do goberno británico, no desenvolvemento da bomba nuclear en Los Alamos (EE UU). É coautor, xunto con E. Rutherford e C. D. Ellis, do libro Radiations from Radioactive substances (Radiacións das substancias radioactivas, 1930). En 1935 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan No Orchids for Miss Blandish’ (Non hai orquídeas para Miss Blandish, 1939), Lady, Here’s your Wreath (Señora, aquí ten o seu ataúde, 1940) e The World in my Pocket (O mundo no meu peto, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Folclorista norteamericano. Destacou polas recompilacións no campo da música e da poesía popular de Inglaterra e Escocia. A súa obra máis destacada é a recompilación The English and Scottish Popular Ballads (Baladas populares inglesas e escocesas, 1882-1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Informático norteamericano. Fundador da empresa Silicon Graphics (1981), no ano 1994 contribuíu a fundar Netscape Corporation, que se uniu posteriormente a America OnLine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Comezou a súa carreira como actor publicitario e a finais dos anos cincuenta debutou no cine con pequenos papeis secundarios. Entre 1960 e 1970 protagonizou gran cantidade de películas de acción. Participou en distintas producións, entre as que destacan: The Magnificent Seven (Os sete magníficos, 1960), The Great Escape (A grande evasión, 1963), Major Dundee (Maior Dundee, 1965), In Like Flint (F de Flint, 1967), Midway (A batalla de Midway, 1975), Firepower (O poder do lume, 1980) ou Dead Fall (Caída mortal, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi un dos fundadores da Irmandade Prerrafaelista (1848), pero en 1850 abandonou a pintura para formarse como sacerdote católico. En 1854 volveu pintar e especializouse en escenas de xénero. Das súas obras destacan Un accidente da vida de Santa Isabel, raíña de Hungría (1851) e A bolsa baleira (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Viviu nos EE UU (1903-1910), onde traballou na organización dos Industrial Workers of the World (IWW). Regresou a Irlanda e colaborou en 1912 con James Larkin na fundación do Irish Labour Party e da organización sindical Irish National Transport and General Workers’ Union. Xefe dos socialistas irlandeses, denunciou a Primeira Guerra Mundial como unha loita entre os intereses capitalistas. Dirixiu a insurrección do Easter Rising (Levantamento de Pascua) do 23 ao 29 de abril de 1916 que proclamou a Primeira República de Irlanda. Fracasada a revolta, foi detido e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao pequeno que se colocaba antigamente entre a popa e a mesana do navío.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Suboficial da mariña de guerra que ten coidado das cuestións referentes á conservación do barco, manobra e mariñeiría.

      2. Persoa encargada de dirixir o traballo a bordo dun navío.

    1. Persoa que ten coidado do funcionamento dunha máquina ou dunha sección dun obradoiro ou dunha fábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Incorporado á mariña real en 1755, dirixiu tres expedicións que o consagraron como o referente das modernas exploracións científicas. Durante a primeira expedición (1768-1771), observou dende Tahiti a conxunción de Venus e o Sol e explorou unha extensa área do Pacífico meridional, o que lle permitiu negar a existencia dunha Terra Australis. O carácter oceánico do hemisferio sur confirmouno na segunda viaxe (1772-1775), na que chegou aos 71° de latitude sur. Na última viaxe (1776), na procura dun paso marítimo entre o Atlántico e o Pacífico polo extremo setentrional de América, pasou o estreito de Bering e penetrou no Océano Ártico. Cando chegou aos 70° 44’ de latitude norte o xeo impediulle avanzar e volveu ás illas Sandwich (Hawaii), onde os indíxenas lle deron morte. As viaxes e os mapas de Cook deron lugar a un considerable progreso no coñecemento do Océano Pacífico e as súas expedicións marcaron a fin da era das viaxes de descubrimento e o principio das exploracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico norteamericano. Coñecido como Gary Cooper, a partir de 1924 entrou en contacto co mundo do rodeo e apareceu como figurante en pequenos papeis da Paramount. Conseguiu o seu primeiro papel destacado no filme The Winning of Barbara Worth (Flor de deserto, 1926), e sobresaíu en papeis de western como The Western (O forasteiro, 1940), Unconquered (Os inconquistables, 1947), High Noon (Só ante o perigo, 1952), Garden of Evil (O xardín do demo, 1954), Veracruz (1954), Man of the West (O home do oeste, 1958) ou The Hanging Tree (A árbore do aforcado, 1959). Converteuse tamén no heroe de filmes de aventuras como Alas (1927), The Lives of a Bengal Lancer (Tres lanceiros bengalís, 1935), Beau Geste (1939), The Real Glory (A selva en armas, 1939), Sergeant York (O sarxento York, 1941), For Whom the Bells Tolls (Por quén tocan as campás,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista norteamericano. Entre os anos 1806 e 1811 estivo na Mariña e, máis tarde, entre 1826 e 1833, viaxou por Europa. Especializado en temas de aventuras, especialmente na conquista americana do Oeste, creou unha imaxe épica da loita entre os colonos e os indios, e destacou na descrición dos grandes bosques e das paisaxes salvaxes. Deuse a coñecer coa novela The Spy (O espía, 1821) e con The Pioneers (Os pioneiros, 1823), coa que iniciou a serie Leather-Stocking Tales, na que destacan obras como The Last of the Mohicans (O último dos mohicanos, 1826) e The Pathfinder (O explorador, 1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudiou no Massachusetts Institute of Technology, centro no que se doutorou en 1950. No mesmo ano comezou a traballar como docente e investigador na Universidade de Illinois. En 1959 trasladouse á Universidade de Harvard. Realizou importantes traballos de investigación en química orgánica teórica e estrutural, en síntese orgánica e en estereoquímica. En 1990 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas contribucións á síntese orgánica de máis de 100 produtos naturais, algúns destes aplicados á medicina e á industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista estadounidense. Coñecido como Jim Courier e adestrado polo español José Higueras, caracterízase pola súa potencia física e técnica ortodoxa. En 1991 proclamouse vencedor dos torneos de Indian Wells e Key Biscayne, e logrou o seu primeiro título do Grand Slam, o Roland Garros. En 1992 gañou outros dous grand slam: revalidou o torneo de Roland Garros e proclamouse vencedor do Open de Australia. Mantivo o número un da clasificación de tenistas profesionais (ATP) durante 58 semanas entre 1992 e 1993. Culminou a tempada de 1992 conquistando a Copa Davis co equipo dos EE UU. En 1993 logrou o seu segundo Open de Australia. Retirouse en maio de 2000, despois de gañar 23 títulos individuais do circuíto profesional e co mérito de ter disputado as finais dos catro torneos do Grand Slam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan, Guard of Honor (Garda de honra, Premio Pulitzer, 1948) e By Love Possessed (Posuído polo amor, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico norteamericano. Foi discípulo de Robert Bunsen e Charles Wurtz. No laboratorio deste último, e coa colaboración de Charles Friedel, descubriu en 1877 a reacción de síntese chamada reacción de Friedel e Crafts. Traballou na técnica de determinacións calorimétricas a alta temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo escocés. Destacou polos retratos de coñecidos persoeiros ingleses que preparou cun estilo semellante ao da pintura impresionista. Ademais, realizou en 1890 copias pigmentadas dos antigos negativos de David Octavius Hill, coñecidos como fotogravados. No ano 1900, a Royal Photographic Society de Londres ofreceu unha retrospectiva da súa obra. Individualmente, expuxo en diferentes cidades de Europa e EE UU como París, Londres ou Nova York. Publicou Venice and Lombardy: A Series of Original Photographs (Venecia e Lombardia: series de fotografías orixinais, 1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico norteamericano. Estudiou na Universidade de Nebraska e na de Harvard. Traballou na industria química Merck & Co e foi profesor na Universidade de California. En 1952 enunciou a regra que leva o seu nome. En 1987 concedéuselle o Premio Nobel de Química, xunto con J. M. Lehn e C. J. Pedersen, polas súas sínteses de macromoléculas cíclicas similares ás zonas activas dos polímeros biolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou na Universidade de Chicago, onde se doutorou en 1955. Traballou no Brookhaven National Laboratory e foi profesor de física na Universidade de Princeton (1958-1971) e, dende 1971, na Universidade de Chicago. Realizou importantes investigacións sobre física das partículas elementais e, en 1980, compartiu con V. L. Fitch o Premio Nobel de Física polo descubrimento da violación dos principios fundamentais de simetría na desintegración dos mesóns K neutros. Membro da American Academy of Arts and Science, da American Physical Society e da National Academy of Sciencies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jens Curz Bosen.

    VER O DETALLE DO TERMO