Cook, James

Cook, James

Navegante. Incorporado á mariña real en 1755, dirixiu tres expedicións que o consagraron como o referente das modernas exploracións científicas. Durante a primeira expedición (1768-1771), observou dende Tahiti a conxunción de Venus e o Sol e explorou unha extensa área do Pacífico meridional, o que lle permitiu negar a existencia dunha Terra Australis. O carácter oceánico do hemisferio sur confirmouno na segunda viaxe (1772-1775), na que chegou aos 71° de latitude sur. Na última viaxe (1776), na procura dun paso marítimo entre o Atlántico e o Pacífico polo extremo setentrional de América, pasou o estreito de Bering e penetrou no Océano Ártico. Cando chegou aos 70° 44’ de latitude norte o xeo impediulle avanzar e volveu ás illas Sandwich (Hawaii), onde os indíxenas lle deron morte. As viaxes e os mapas de Cook deron lugar a un considerable progreso no coñecemento do Océano Pacífico e as súas expedicións marcaron a fin da era das viaxes de descubrimento e o principio das exploracións científicas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Marton

  • Deceso

    Lugar : Cleveland, Yorkshire

  • Deceso

    Lugar : Kealakekua, Hawaii