"Amia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monstro fabuloso con cabeza de muller e corpo de dragón que, segundo a tradición, chuchaba o sangue aos meniños e sobre o que se contan diferentes lendas. Semella que, na Antigüidade, as amas de cría contaban a súa lenda para asustar os nenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros, da familia dos cerambícidos, que presenta o corpo negro, de gran tamaño e que vive sobre árbores como os salgueiros e os álamos.
-
CIDADES
Cidade de Grecia, capital do nomós da Ftiótide, situada en Grecia central (41.486 h [1981]). Ten xacementos de ferro e manganeso. Na Antigüidade deu nome á Guerra de Lamía (323-322 a C) que enfrontou os gregos rebeldes ao dominio macedonio contra Antípater. Conquistada polos romanos, foi incorporada a Tessalia en 190 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás lamiáceas.
-
Planta da familia das lamiáceas.
-
Familia de plantas, da orde das lamiais, que presenta talos cuadrangulares con follas simples, opostas, flores cigomorfas dispostas en cimas e con pétalos bilabiados con catro estames didínamos e froito en tetraquenio. É propia de países temperados e cálidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás lamiais.
-
Planta da orde das lamiais.
-
Orde de plantas dicotiledóneas, da subclase das astérides, que comprende as familias das boraxináceas, lamiáceas ou labiadas, lennoáceas e verbenáceas.
-
-
-
Relativo ou pertencente á fase laramiana.
-
Fase oroxénica que pregou, durante o Cretáceo superior, as montañas Rochosas. Foi a derradeira das grandes oroxenias de América do Norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de reprodución que presentan algúns protozoos.
-
PERSOEIRO
Político e escritor italiano. Dunha grande actividade política, traballou nas universidades de Turín e Roma. Fundou a revista Filosofia delle scuole italiane e escribiu poesías de ton clasicista, como Inni Sacri (1832) e Nuove poesie (1835), e traballos filosóficos, como Confessioni di un metafisico (1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Formación de gametos a partir dunha única célula nai.
-
Copulación entre gametos desta orixe.
-
-
REXIÓNS
Rexión do O de Asia comprendida entre o Tigris e o Éufrates. Está dividida en dúas partes, a sur, historicamente máis importante, que se estendía por Iraq, e a norte, por Siria e Turquía. Está limitada ao N polas montañas de Armenia, ao SL polo Golfo Pérsico, ao L polo sistema montañoso de Zagros e ao O polo deserto de Siria.
VER O DETALLE DO TERMO
As orixes: os períodos prehistórico e protohistórico
A historia de Mesopotamia documentouse entre 10000 a C e 637, data da conquista musulmá. O período máis importante situouse entre 3100 e 538 a C, durante o que foi berce das civilizacións sumeria, babilónica e asiria. Pola súa excelente posición xeográfica e a súa riqueza agrícola, foi cobizada por tribos nómades como os guti, amoritas, hurritas, casitas e arameos. Durante o período prehistórico (10000-3100 a C), o N de Mesopotamia contou cos xacementos e as culturas máis antigas: Jarmo, onde para moitos prehistoriadores se iniciou a Revolución Neolítica; as culturas de Samarra e a de Tall... -
REXIÓNS
Rexión do NL de Arxentina, no límite con Brasil e Uruguay (194.216 km2). É unha chaira moi pouco accidentada, limitada polos ríos Paraná, Iguazú e Uruguay. Comprende as provincias de Corrientes, Entre Ríos e Misiones, na rexión administrativa de Litoral. As principais riquezas son o mate e a madeira. Os principais cultivos son o arroz e os cítricos. Os núcleos de poboación están situados na beira dos ríos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión ao matrimonio.
-
-
Unión ou matrimonio dunha persoa con outra. Foi considerada polos teóricos do evolucionismo como o último estadio da unión dos individuos dentro da sociedade humana no seu camiño cara a civilización, aínda que non hai ningún feito que confirme esta teoría. A regulación das unións nunha sociedade determinada vén dada por feitos biolóxicos, económicos ou relixiosos, e practicamente non existe ningunha sociedade humana en que non se dean ao mesmo tempo os dous tipos de unión.
-
Aparellamento dun animal cun único individuo do sexo oposto.
-
Fecundación exclusiva da oosfera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de fecundación en que un gameto grande e inmóbil (ovocélula ou oosfera) é fecundado por un gameto pequeno e ciliado (anterozoide ou espermatozoide), e dá lugar a un cigoto.
-
PERSOEIRO
Bispo e doutor da Igrexa. De nome Pietro Damiani, foi monxe eremita en Fonte Avellana (1035) e organizou diversos mosteiros nunha especie de congregación (1043). Cardeal-bispo de Ostia (1057-1066), actuou como conselleiro dos papas reformadores, que lle confiaron diversas tarefas en Lombardia (1059), Cluny (1963), Florencia (1066), Frankfurt (1069) e Ravenna (1072). Escribiu obras teolóxicas, un extenso epistolario e numerosos opúsculos. A súa festividade celébrase o 21 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Somatogamia propia dos basidiomicetos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confusión do citoplasma de dúas células na copulación de gametos.
-
-
Unión ou matrimonio dunha persoa con dúas ou máis ao mesmo tempo. Ademais da bigamia, inclúe a poliandria e a polixinia.
-
Aparellamento dun animal con máis dun individuo do sexo oposto.
-
Condición pola que un vexetal presenta flores hermafroditas, femininas e masculinas nun mesmo pé.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de fecundación dos espermatófitos, en que o tubo polínico penetra no saco embrional a través do micrópilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade que, con categoría de serie e época, se abandonou pola denominación de Cámbrico Superior.