lamiáceo -a
lamiáceo -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás lamiáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das lamiáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas, da orde das lamiais, que presenta talos cuadrangulares con follas simples, opostas, flores cigomorfas dispostas en cimas e con pétalos bilabiados con catro estames didínamos e froito en tetraquenio. É propia de países temperados e cálidos.