lamigueiro
lamigueiro
Nome científico:
[Populus nigra,Fam das salicáceas]
s
m
[PLANTA]
Árbore dioica, de ata 20 m de altura, que presenta as follas alternas, deltoides, co pecíolo longo, as flores en amentos colgantes e os froitos en acios péndulos con cápsula dehiscente. É orixinario do N de África, Europa e centro e L de Asia. En Galicia atópase en zonas cálidas, á beira dos ríos ou en parques e xardíns.