"André" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eloi⇒ Luis André.
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático occitano. Residiu no estado español como cónsul francés e distinguiuse pola súa actividade de hispanista. Escribiu La Catalogne et les germanophiles (‘Cataluña e os xermanófilos’), traduciu a Góngora e escribiu varios ensaios. A súa obra de creación, en occitano, abrangue poemas e a novela Montserrat (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Un dos doce Apóstolos, fillo de Xonás e irmán de Simón Pedro. Era un pescador orixinario de Betsaida e foi recrutado por Xesús converténdose nun dos seus primeiros apóstolos. Conforme antigas tradicións morreu crucificado en Patres (Grecia); sen embargo, segundo a lenda, morreu nunha cruz en forma de aspa (cruz de Santo André) e así o representaron a partir dos ss X e XI, especialmente fóra de Italia. A súa festividade celébrase o 30 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr italiano que adaptou cancións de xesta francesas á lingua vulgar italiana e as popularizou. Salientan, sobre todo, I Reali de Francia, recompilación de narracións en prosa do ciclo carolinxio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea di Bartolo di Simone. Nos seus comezos traballou en Venecia, cidade na que realizou os frescos da igrexa de San Zacarías. No ano 1444 estableceuse en Florencia. Entre a súa produción de tema relixioso sobresaen os frescos do antigo convento da Santa Apolonia (?1449-1450) e, entre os de tema profano, o monumento ecuestre de Nicola di Tolentino (1456, Santa María dei Fiore) e a serie de Homes e mulleres ilustres (tamén en Santa Apolonia), baixo a influencia do escultor Donatello.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea d’Agnolo. Foi discípulo de Piero di Cosimo. Entre as súas primeiras obras sobresaen os frescos da vida de san Filipe Benizzi (1509-1510), na igrexa da Annunziata de Florencia. En 1518 foi a Francia por requirimento de Francisco I. É autor da Última cea en San Salvi (1519), considerada a máis bela despois da de Leonardo; así como de La Madona delle Arpie e da Dama llegint Petrarca, ambas as dúas na Galleria degli Uffizi (Florencia). Pertence á xeración posclásica do Renacemento italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Activo entre 1343-1377. Acadou sona, sobre todo, cos seus frescos do Capellone degli Spagnoli (1366-1367) en Santa María Novella de Florencia. Seguiu o estilo de Giotto, pero cunha certa liberdade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena serra que se estende ao longo de 2,4 km con dirección NO-SL polo SO da parroquia de Andreade, no concello de Paradela. As súas máximas cotas acadan os 747 e 740 m de altitude.
-
-
Que pertence á orde das andreais.
-
Brión da orde das andreais.
-
Orde de briófitos integrada por unha única familia, as andreáceas, de pedicelo curto e cápsula que se abre en 4 ou 8 valvas, que forman coxíns escuros sobre as rochas.
-
-
PERSOEIRO
Aeronauta italiano. Fixo a primeira ascensión en globo libre en Italia (1784).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Ilas dos Estados Unidos, no centro do arquipélago das Aleutianas. As illas principais son, de O a L, Tanaga, Kanaga, Adak, Atka e Amlia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Capelán da condesa María de Champaña. Por encargo seu escribiu en latín, no último terzo do s XII, o tratado De amore (‘Sobre o amor’), testemuño dos costumes morais da época que gozou de moita aceptación na literatura medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora alemana. Mantivo unha relación de amizade con Nietzsche, Rilke e Freud, de quen foi discípula. A súa influencia reflíctese en obras como: Friedrich Nietzsche in seinen Werken (‘Friedrich Nietzsche nas súas obras’), publicada en 1894; Rainer Maria Rilke, Gedenkbuch (‘Lembranza de Rainer María Rilke’), en 1928; e Mein Dank an Freud (‘O meu agradecemento a Freud’), no ano 1931. A súa autobiografía (1951) debuxa unha panorámica da vida cultural centroeuropea de comezos do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor romanés. Especializado na pintura de paisaxes, viaxou a Francia (1878-1882), onde se asimilou á escola de Barbizon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Creador do navegador Mosaic (1993) xunto cun grupo de compañeiros da Universidade de Illinois, nos EE UU. Poucos meses despois converteuse nun dos fundadores da compañía Netscape, que produce un dos dous navegadores máis populares para a Internet, o Netscape Navigator.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condesa de Aragón e Raíña de Pamplona. Filla do conde de Aragón Galindo III, achegou en dote o condado de Aragón ao Rei de Pamplona García III e transmitiulle os seus dereitos a seu fillo Sancho Garcés II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor dramático e actor italiano. Fillo de actores, incorporouse á compañía dei Gelosi (1594) co alcume de Lelio e, máis tarde, á dei Fedeli. Nas súas obras, procurou xuntar a tradición clásica co teatro improvisado: Turca (1608), I due Lelii simili (1622) ou Due commedie in commedia (1623). Escribiu tamén dramas relixiosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Or’ol, Rusia 1871 - Mustamäki, Finlandia 1919) Novelista e dramaturgo ruso. Entrou como folletinista no Correo de Moscova e obtivo un éxito inmediato. Ao fracasar a revolución de 1905 pasou a residir en Finlandia, onde escribiu: Judes Iscariot (‘Xudas Iscariote’, 1907) e Rasskaz o semi povešennykh (‘A narración dos sete aforcados’, 1908), baseada nos acontecementos de 1905. Como dramaturgo escribiu entre outras: K zv’ozdam (‘Camiño das estrelas’, 1905) e Car’ golod (‘O rei fame’, 1908), pezas que o converteron no representante máis salientable do Simbolismo ruso. Co triunfo da Revolución rexeitou o recoñecemento oficial e retirouse a Finlandia, dende onde atacou duramente os bolxeviques con SOS (1919). Exerceu unha grande influencia en Europa, sobre todo no Expresionismo alemán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eduardo Gómez de Baquero.