Andrejev, Leonid Nikolajevi
č (Or’ol, Rusia 1871 - Mustamäki, Finlandia 1919) Novelista e dramaturgo ruso. Entrou como folletinista no Correo de Moscova e obtivo un éxito inmediato. Ao fracasar a revolución de 1905 pasou a residir en Finlandia, onde escribiu: Judes Iscariot (‘Xudas Iscariote’, 1907) e Rasskaz o semi povešennykh (‘A narración dos sete aforcados’, 1908), baseada nos acontecementos de 1905. Como dramaturgo escribiu entre outras: K zv’ozdam (‘Camiño das estrelas’, 1905) e Car’ golod (‘O rei fame’, 1908), pezas que o converteron no representante máis salientable do Simbolismo ruso. Co triunfo da Revolución rexeitou o recoñecemento oficial e retirouse a Finlandia, dende onde atacou duramente os bolxeviques con SOS (1919). Exerceu unha grande influencia en Europa, sobre todo no Expresionismo alemán.