Andreini, Giovan Battista

Andreini, Giovan Battista

Autor dramático e actor italiano. Fillo de actores, incorporouse á compañía dei Gelosi (1594) co alcume de Lelio e, máis tarde, á dei Fedeli. Nas súas obras, procurou xuntar a tradición clásica co teatro improvisado: Turca (1608), I due Lelii simili (1622) ou Due commedie in commedia (1623). Escribiu tamén dramas relixiosos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso

    Lugar : Reggio Emilia