"Aragon" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 77.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de trematodos parasitos que presentan un ciclo vital en que utilizan un molusco e un crustáceo de auga doce antes de instalarse, definitivamente, en mamíferos.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón e Navarra (1094-1104), fillo do Rei Sancho I de Aragón. O seu pai fíxoo rei de Ribagorza e Sobrarbe en 1085. Axudou a Afonso VI o Valente en Sagrejas (1086) e tomou Estada (1087), e cooperou con el na toma de Monzón (1089), que quedou baixo a súa xurisdición. Tivo amizade co Cid, a quen axudou na campaña contra València. Ao morrer o seu pai no sitio de Huesca, sucedeuno como rei de Aragón e Navarra. Tomou Huesca en 1096 despois de derrotar os sarracenos en Alcoraz. En 1097 acompañou o Cid a Benicadell, e de retorno obtiveron a vitoria de Bairén sobre os almorábides. Tomou Calasanz en 1098 e Barbastro en 1100, e trasladou a sé episcopal de Roda. Sucedeuno o seu irmán Afonso I de Aragón o Batallador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1177? - Muret, Languedoc 1213) Rei de Aragón (1196-1213), fillo de Afonso II de Aragón e de Sancha de Castela. Ante a difusión da herexía cátara, asinou un tratado de non agresión e mutuo apoio con Xénova (1198), consolidou a paz interior e estableceu un pacto de amizade co emperador almohade (1200). En 1208 implicouse máis na política occitana a raíz da cruzada albixense, nun intento de mediación, que fracasou, e negouse a aceptar como vasalo a Simón de Montfort, que foi nomeado conde de Carcassone. Ante os ataques almohades a Castela, a petición do Rei Afonso VIII, formou parte do exército cristián que venceu na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212). Mentres, reprimida a ofensiva por parte de Simón de Montfort, acudiu a Tolosa en 1213 e Occitania quedou baixo a súa soberanía. A pesar da orde do papa de que abandonase os seus vasalos occitanos, uniuse cos condes de Foix, Tolosa e Comenge e sitiaron Muret. Simón de Montfort intentou en van unha negociación e en 1213...
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1276-1285) e de Sicilia (Pedro I, 1282-1285), fillo de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. Polo derradeiro testamento do seu pai (1262) recibiu Catalunya, Aragón e València. Casado con Constanza Stauten de Sicilia, alegou dereitos sobre Sicilia, dominio dos Anjou. Despois das Vésperas Sicilianas, insurrección antifrancesa de 1282, corouse rei. O Papa Martiño IV excomungouno e entregou os seus reinos a Carlos de Valois, fillo do rei de Francia. Tentou fortalecer a autoridade real e enfrontouse á nobreza feudal e ás oligarquías urbanas. Nas Cortes de Tarazona de 1283 os propietarios, que formaban a Unión aragonesa, presentáronlle ao rei o Privilexio da Unión, e este tivo que ceder. Tamén os cataláns, nas Cortes de Barcelona (1283), lle presentaron peticións que foron a base do constitucionalismo catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1336-1387), fillo e sucesor de Afonso IV de Aragón. Durante o seu reinado, a Coroa de Aragón acadou a súa máxima expansión territorial. Concluíu a guerra con Xénova en 1336. En 1388 auxiliou a Castela fronte aos benimeríns ata que o sultán marroquí se retirou. Incorporou definitivamente o Reino de Mallorca á coroa aragonesa despois de vencer a Xaime III de Mallorca (1349). Participou na guerra de Venecia contra Xénova (1351) ata que asinou a paz en 1386. Proclamouse rei de Sicilia en 1377 despois da morte do seu xenro Federico III e en 1379 obtivo os ducados de Atenas e Neopatria. Por cuestións sucesorias -non se aceptaba a súa filla Xoana como herdeira-, enfrontouse ás nobrezas de Aragón e València, ás que venceu en Épila e Mislata, respectivamente (1348). O problema sucesorio solucionouse co casamento con Leonor de Sicilia, coa que tivo os futuros Xoán I e Martiño I. O seu apoio a Enrique de Trastámara, que lle prometera a cesión do Reino de Murcia, valeulle o enfrontamento...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Capitán de pesca. Foi oficial e capitán de diversas frotas, como as de Pescanova e Pescafría, e presidente do club de dirixentes de empresa da Cámara de Comercio da Coruña e da Unión Bacallaeira Internacional. Escribiu Los descubrimientos de la flota pesquera española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón (1137-1162) e condesa de Barcelona (1150-1174), filla de Ramiro II. Casou con Ramón Berenguer IV de Barcelona en 1150 e tras a morte deste abdicou no seu fillo Afonso II de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro rei de Aragón (1035-1063), fillo natural de Sancho III de Navarra. Elevou Aragón á categoría de reino. Tras o asasinato do seu irmán Gonzalo (1045?), Sobrabe e Ribagorza pasaron a formar parte dos seus dominios. Loitou contra os sarracenos, aos que atacou en Graus en 1055 e novamente en 1063 cando se enfrontou co rei de Zaragoza, que estaba axudado polos casteláns e polo Cid. Morreu neste enfrontamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Monxe ou o rei Cugula (? 1080? - Huesca 1157) Rei de Aragón e conde de Ribagorza (1134-1137), fillo de Sancho I de Aragón e irmán de Pedro I de Aragón e de Afonso I de Aragón. Entrou no mosteiro beneditino de Tomeres e cara a 1130 pasou ao priorado de San Pedro el Viejo de Huesca, e obtivo o bispado de Roda-Barbastro. Foi elixido rei polos aragoneses en 1134 tras a morte de Afonso I de Aragón, sen descendencia, que deixara o reino ás ordes militares. Por este motivo tivo que enfrontarse a Navarra e Castela. Coa conquista de Zaragoza por Afonso VII de Castela, refuxiouse en Catalunya. Recuperou o trono coa axuda dos cataláns e en 1137 acordou casar a súa filla Petronila con Ramón Berenguer IV de Barcelona, a quen traspasou os dereitos e prerrogativas do reino, aínda que conservou o título de rei. Retirouse ao priorado de San Pedro el Viejo.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1063-1094) e de Navarra (Sancho V; 1076-1094), fillo e sucesor de Ramiro I. Despois de conquistar as ribeiras do Cinca, ocupou Arguedas (1084) e polo curso do Gállego achegouse a Zaragoza. As conquistas (1083-1084) e o establecemento da posición de Montaragón (1088) sinalaron o inicio dunha ofensiva contra Huesca que rematou o seu fillo Pedro I de Aragón (1096). Loitou na Guerra dos Tres Sanchos ao lado do seu curmán Sancho IV de Navarra contra Sancho II de Castela, que foi derrotado en Viana (1067). Ao morrer asasinado Sancho IV de Navarra (1076), incorporou o reino aos seus dominios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rianxo baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña titular de Nápoles, duquesa de Anjou e condesa de Provenza, filla de Xoán I de Aragón e de Violante de Bar. En 1390 acordouse o seu matrimonio con Luís II de Anjou, con quen casou en 1400.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Castela e León, filla de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. En 1242 acordouse o seu matrimonio, celebrado en Valladolid (1246 ou 1249), co futuro Afonso X de Castela e León. Apoiou os seus netos, os infantes de La Cerda, e fuxiu con eles a Aragón. O seu fillo Sancho IV confiscoulle os territorios de Castela que non recuperou ata a morte deste. Opúxose a Fernando IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Barcelona, rei de Aragón (1213-1276), de València (1239-1276) e de Mallorca (1226-1276) e señor de Montpellier, fillo de Pedro II. Á morte dos seus pais asumiu a rexencia o seu tío avó o infante Sancho. Aos trece anos casou con Leonor de Castela, matrimonio do que naceu o primoxénito Afonso. Alegando vínculos de parentesco, conseguiu a separación canónica e a lexitimación posterior do infante Afonso (1229). Solucionou o enfrontamento cos nobres e con algunhas cidades aragonesas coa Paz de Alcalá (1227) e comezou un período de grandes conquistas. Conquistou Mallorca (1229) e someteu Menorca á condición de tributaria (1231). Na conquista de Valéncia houbo un conflito de límites co Reino de Castela en Xátiva que se solucionou co Tratado de Almirra (1244). Conquistou Murcia para axudar o rei de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sicilia (Xaime I, 1285-1295), conde de Barcelona e rei de Aragón e València (1291-1327) e de Mallorca (1291-1295), fillo de Pedro III e Constanza de Sicilia. Coroado rei de Silicia en Palermo (1296), foi excomungado polo Papa Honorio IV. Despois da proclamación da Paz de Anagni (1295) por Bonifacio VIII, cedeu Sicilia á Igrexa. Devolveu as Balears a Xaime II de Mallorca pero con carácter feudatario. Os sicilianos coroaron rei o seu irmán Federico (1296), que pola Paz de Caltabellotta (1302) quedou ratificado. Enfrontouse a Castela ao apoiar as reivindicacións de Afonso de la Cerda. Reiniciadas as hostilidadas con Castela, conquistou Murcia e Cuenca e ocupou Lorca (1300), ata que en 1304 asinou a paz pola que devolveu a parte meridional do Reino de Murcia, mentres que a setentrional, de Alacant a Guardamar, era incorporada definitivamente ao Reino de València.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1387-1396), fillo de Pedro IV e Leonor de Sicilia. Despois do seu matrimonio (1380) con Violante, sobriña de Carlos V de Francia, aumentaron as influencias francesas no seu reino. Pactou unha alianza con Xoán I de Castela pero as relacións enfrontáronse tras a morte do rei castelán (1390). Adoptou unha política favorable á alta nobreza e ás oligarquías cidadás. As dificultades financeiras da coroa agudizáronse nos últimos anos do seu reinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1458-1479) e de Navarra (Xoán I; 1425-1479), fillo de Leonor de Alburquerque e Fernando I de Aragón. Educado en Galicia, non chegou a Castela ata que tivo 15 anos. Casou con Branca de Navarra, herdeira ao trono (1420) e foi proclamado rei de Navarra con esta (1425). En Castela fomou unha liga para opoñerse a Álvaro de Luna, a quen desterrou (1427), pero ao ano seguinte, a petición de Xoán II de Castela, tivo que ceder o seu lugar a Álvaro de Luna e foi proscrito do reino, o que significou a guerra de Castela con Aragón (1429-1430). Enfrontouse ao seu fillo Carlos de Viana, herdeiro do Reino de Navarra, entre 1441 e 1457. Para acadar novas posicións de forza en Castela e illar os seus inimigos, acordou o matrimonio do seu fillo o príncipe Fernando con Isabel, irmá e herdeira de Enrique IV (1469), e pactou unha alianza con Inglaterra e Borgoña (1471).
VER O DETALLE DO TERMO