Pedro III de Aragón o Grande

Pedro III de Aragón o Grande

Rei de Aragón (1276-1285) e de Sicilia (Pedro I, 1282-1285), fillo de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. Polo derradeiro testamento do seu pai (1262) recibiu Catalunya, Aragón e València. Casado con Constanza Stauten de Sicilia, alegou dereitos sobre Sicilia, dominio dos Anjou. Despois das Vésperas Sicilianas, insurrección antifrancesa de 1282, corouse rei. O Papa Martiño IV excomungouno e entregou os seus reinos a Carlos de Valois, fillo do rei de Francia. Tentou fortalecer a autoridade real e enfrontouse á nobreza feudal e ás oligarquías urbanas. Nas Cortes de Tarazona de 1283 os propietarios, que formaban a Unión aragonesa, presentáronlle ao rei o Privilexio da Unión, e este tivo que ceder. Tamén os cataláns, nas Cortes de Barcelona (1283), lle presentaron peticións que foron a base do constitucionalismo catalán.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : València

  • Deceso

    Lugar : Vilafranca del Penedès