"Arles" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 266.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas obras, de tendencia neoclásica e ao mesmo tempo romántica, constitúen as primeiras manifestacións dunha arquitectura nacional. É autor dos capitolios de Boston, Hartford e Augusta, e dirixiu unha etapa das obras do capitolio de Washington (1817-1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro xeógrafo, barón de Cagniard de la Tour. Estudiou a resonancia, a vibración e a acción da calor e da presión sobre os líquidos. Inventou a sirena (1819) e demostrou que o son se produce por vibracións regulares dun medio líquido ou gaseoso. Probou que, sobrepasada unha temperatura determinada, un líquido contido nun recipiente hermeticamente pechado pódese transformar integramente en vapor. Determinou as temperaturas e as presións críticas do éter e do alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Nomeado inspector xeral de finanzas en 1783, en 1786 intentou introducir reformas económicas radicais, seguindo o modelo fisiocrático, que foron rexeitadas por unha asemblea de notables en 1787. Emigrou a Inglaterra e, trala Revolución Francesa (1789), instalouse en Turín, onde se converteu nun dos xefes da contrarrevolución. É autor de De l’état de la France present et à venir (Sobre o estado da Francia actual e futura, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, no extremo NO do delta do Ebro, pero coa maior parte do territorio no sector montañoso da serra do Boix (2.953 h [1996]). En agricultura cómpre salientar o cultivo de arroz no delta, as oliveiras e as amendoeiras no secaño e os cítricos e as hortalizas no regadío, que progresivamente vai collendo terras ao secaño. A actividade industrial está moi diversificada, destacan un gran número de granxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado no taller de Gustave Moreau, recibiu posteriormente as influencias de Paul Cézanne. Formou parte do grupo fauvista e participou no Salon d’Automne de 1905 en París. A súa pintura é de tonalidades suaves e a temática das súas obras está dominada por escenas de interior, mariñas, cadros de flores, nus e paisaxes. Da súa produción destaca o Retrato de Albert Marquet (1904) e A copa azul (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista proteccionista. Definiu o custo como a medida da dificultade que se atopa ao querer obter bens para o seu uso. Foi crítico ante as teorías de David Ricardo sobre o rendemento decrecente da terra, así como sobre o principio malthusiano da poboación. Na súa extensa obra destacan Principles of Political Economy (Principios da economía política, 1837-1840) e Principles of Social Science (Principios da ciencia social, 1857-1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Arles (502-542). Monxe do mosteiro bieito de Lérins, foi en 503 abade dunha comunidade no illote do Ródano, preto de Arles. O Papa Símaco concedeulle a primacía na Galia e en Hispania co título de vicario apostólico. Convocou diversos sínodos, entre eles o de Arles (524) e o Concilio II de Orange (529). Posteriormente, foi arcebispo de Arles e distinguiuse polos seus sermóns contra o paganismo, polas súas medidas a prol da corrección do clero, pola súa loita na defensa dos cativos, polo seu esforzo en guiar os fieis na disciplina eclesiástica e por introducir na Igrexa a práctica do canto de himnos, salmos e antífonas polos segrares. Fundou varios mosterios de homes e un de monxas. Na iconografía leva un báculo pastoral (símbolo de bispo) e, como atributos, unha espada cravada nun libro que sostén na súa man dereita; ás veces, aparece sobre o libro un guante inflado de aire (referencia ao episodio no que o santo tentara encerrar un vento marítimo nun guante e despois ceibalo no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Fillo de artistas de vodevil, debutou nos escenarios en 1898 coa compañía Eight Lancashire Lads, un grupo de oito rapaces dirixidos por William Jackons que realizaba números musicais. Despois continuou traballando nos teatros de variedades de Londres, onde aprendeu a construír personaxes e a preparar breves números cómicos e burlescos. Despois de participar en diversos espectáculos de relativo éxito, en 1908 entrou a formar parte da compañía de Fred Karno, Speechless Comedians, especializada en números de pantomima, coa que visitou o Folies Bergère de París e realizou unha xira por América. Nunha desas funcións de teatro de vodevil nas que participaba, foi descuberto por Groucho Marx. En 1913, despois dunha intensa traxectoria teatral, incorporouse á industria cinematográfica. Ese mesmo ano debutou en EE UU coa produtora Keystone, de Mack Sennett. Desenvolveu a súa poética de vagabundo romántico, marxinado da sociedade, popularizado co nome de Charlot,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política dominica. Membro do Dominican Freedom Party (DFP), foi elixida parlamentaria en 1975, ministra de Asuntos Exteriores entre 1980 e 1990 e de Defensa entre 1985 e 1995. Foi a primeira muller que ocupou no Caribe o cargo de primeira ministra en 1980, posto no que permaneceu ata 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, pianista e compositor norteamericano. Coñecido como The Genius, perdeu a vista aos seis anos. A partir de 1955 foi un destacado cantante de blues e de rock and roll, pero o seu éxito chegou a raíz do festival europeo de Antibes, en 1961. Ampliou o seu repertorio con bailes novos como o twist e o madison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador galés. Sacerdote anglicano, en 1784 uniuse aos metodistas e iniciou unha tarefa evanxelizadora e educadora en Gales. Converteu a escola dominical nunha organización impulsora do galés e reanimou as escolas circulantes de Griffith Jones. Na súa imprenta tirou do prelo 320.000 libros escolares en galés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor occitano. Convencido das teses de Mistral, foi teórico do rexionalismo e fundador da Fédération Régionaliste Française. É autor de Le Régionalisme (O rexionalismo, 1911) e Qu’est-ce c’est que le régionalisme? (Que é o rexionalismo?, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile dos anos vinte que presumiblemente tivo a súa orixe en Charleston (Carolina do Sur). Aínda que habitualmente se baila en solitario, pódese facer tamén en parella. Os pasos márcanse cos xeonllos e coas puntas dos pés, con esaxerados movementos de brazos e mans. Caracterízase pola súa rapidez e por ter un ritmo sincopado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Carolina do Sur, nos EE UU, situada nunha estreita península, na confluencia dos ríos Ashley e Cooper (80.414 h [1991]). O porto é un dos máis importantes da costa atlántica meridional dos EE UU e abarca unha ampla área de influencia (as dúas Carolinas, Georgia, Kentucky, Tennessee e Alabama). Fundada no 1670 polos ingleses co nome de Charles Town, en 1783 recibiu o nome actual. Foi o centro da resistencia dos estados do Sur durante a Guerra de Secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Virginia do Oeste, nos EE UU, na confluencia dos ríos Kanawha e Elk (56.098 h [1996]). É unha cidade esencialmente industrial (construcións navais, industrias metalúrxicas e químicas). Denominada, en principio, Charles Town (1794), desenvolveuse ao redor do Fort Lee, erguido polo coronel Charles Clendenin (1788). Foi capital do estado a partir do 1870, agás no período 1875-1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi profesor na escola de arquitectura fundada por Trélat. En 1899 realizou unha reconstrución ideal do templo de Karnak. Escribiu Les origines des ordres grecs (As orixes das ordes gregas, 1876) e, en colaboración con G. Perrot, L’histoire de l’art dans l’antiquité (Historia da arte na antigüidade, 1882-1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo e escritor inglés. Suspendido dos cargos eclesiásticos, defendeuse nas sátiras The Apology (A apoloxía, 1761), The Ghost (A pantasma, 1762) e The Prophecy of Famine (A profecía da fame, 1763). Colaborou con John Wilkes na publicación de North Briton (Norte británico, 1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Comezou a súa andaina literaria, dentro do campo da ciencia fición, co relato Extra terrestrial Relays (Mensaxes extraterrestres, 1945). As súas narracións manifestan unha considerable bagaxe científica e técnica, e algunhas, como The City and the Stars (A cidade e as estrelas, 1956), son máis ben filosóficas. Tamén cultivou a divulgación científica en obras como The Coast of Coral (A costa de coral, 1956) e o ensaio, como en Profiles of the Future (Perfís do futuro, 1962) e Man and Space (Home e espacio, 1964). A partir da súa narración curta The Sentinel (A sentinela), Stanley Kubrick realizou o seu filme 2001: A Space Odissey (2001: Unha odisea no espacio, 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO