Cesáreo de Arles, san

Cesáreo de Arles, san

Bispo de Arles (502-542). Monxe do mosteiro bieito de Lérins, foi en 503 abade dunha comunidade no illote do Ródano, preto de Arles. O Papa Símaco concedeulle a primacía na Galia e en Hispania co título de vicario apostólico. Convocou diversos sínodos, entre eles o de Arles (524) e o Concilio II de Orange (529). Posteriormente, foi arcebispo de Arles e distinguiuse polos seus sermóns contra o paganismo, polas súas medidas a prol da corrección do clero, pola súa loita na defensa dos cativos, polo seu esforzo en guiar os fieis na disciplina eclesiástica e por introducir na Igrexa a práctica do canto de himnos, salmos e antífonas polos segrares. Fundou varios mosterios de homes e un de monxas. Na iconografía leva un báculo pastoral (símbolo de bispo) e, como atributos, unha espada cravada nun libro que sostén na súa man dereita; ás veces, aparece sobre o libro un guante inflado de aire (referencia ao episodio no que o santo tentara encerrar un vento marítimo nun guante e despois ceibalo no val estéril de Nyons para fertilizalo) e, outras veces, represéntanse o santo detendo as chamas dun convento de monxas incendiado. San Cesáreo protexe contra os incendios e a súa festa celébrase o 7 de agosto ou o 25 de febreiro.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Saône