"Arta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Costa Rica (3.125 km2; 378.188 h [1996]). A súa capital, Cartago, está localizada nun val (23.884 h [1984]). Ao N sitúanse as montañas volcánicas de Turrialba e Irazú, as máis altas do país. O río máis importante é o Reventazón, que atravesa case toda a rexión de N a S. Ten un clima morno chuvioso, que permite un tipo de cultivo tropical como a cana de azucre, os cereais, a fibra téxtil e a fruticultura. O gando destaca pola súa calidade, tanto o vacún como o cabalar. Posúe minas de ouro, cobre, carbón e mercurio. A industria principal é a madeireira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade situada na costa do norte de África, a 17 km de Tunes. Foi orixinariamente unha colonia fenicia, fundada, segundo a tradición, no ano 814 a C pola lendaria Raíña Dido, irmá do rei de Tiro. Edificada nunha península do golfo de Tunes, dispuña de dous grandes portos comunicados por un canal e protexidos pola fortaleza de Byrsa. Orixinariamente o estado cartaxinés foi monárquico, pero converteuse en dominio dunha oligarquía constituída pola nobreza e os grandes comerciantes e industriais, que se reunían nunha asemblea análoga ao Senado romano. No s VI Cartago someteu as tribos libias que habitaban no N de África, anexionou as vellas colonias fenicias e dominou as costas africanas desde o Atlántico ata Exipto, xunto coas Illes Balears, Sardeña, Malta e parte de Sicilia. O seu poder marítimo permitiulles formar un imperio no mar dedicado ao comercio da madeira do Atlas, a prata, o marfil, o ouro e o chumbo, xunto coa fabricación de cerámica, alfaias e cristalerías. A relixión que...
-
CIDADES
Cidade fundada no 228 a C por Asdrúbal durante a etapa de expansión cartaxinesa polo SL da Península Ibérica. Capital dos territorios cartaxineses en Hispania, foi conquistada por Publio Cornelio Escipión e converteuse na colonia romana de Vitrix Iulia Nova Cartago, capital da provincia Cartaxinense. Correspóndese coa actual Cartagena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador. Profesor de antropoloxía na Université de Toulouse, estudiou a presenza de industrias líticas en toda Europa e a súa sucesión cronolóxica; ademais, contribuíu ao debate sobre a cuestión do “home terciario”. Publicou, entre outras obras, La France préhistorique (Francia prehistórica, 1879) e Les âges préhistoriques de l’Espagne et de Portugal (As idades prehistóricas de España e Portugal, 1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado nun amplo val drenado polo río Guadalhorce (12.713 h [1996]). Ten unha agricultura mediterránea baseada na produción de cítricos e de produtos de horta. Tamén destaca a gandería e as industrias alimentarias. No lugar hai restos dunha antiga fortaleza árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi profesor en Montpellier, Lyon, Nancy e na Université de la Sorbonne. Traballou no campo da teoría de grupos. Xunto con H. Poincaré desenvolveu o cálculo de formas diferenciais exteriores sobre variedades diferenciables sentou as bases do concepto de fibrado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés, fillo de Élie Cartan. Foi membro fundador do grupo Nicolas Bourbaki. Traballou nos campos da xeometría diferencial, a teoría de formas analíticas e a topoloxía alxébrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cartafol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento xurídico da Hispania romana pertencente á provincia Tarraconense, aparecido despois da reorganización administrativa de Augusto no 27 a C e con capital en Cartago Nova ou Cartago Espartaria. Converteuse en provincia durante o goberno do Emperador Diocleciano entre os anos 297 e 305 d C, e comprendía a costa mediterránea da Península Ibérica desde Sagunt, ao N onde limitaba coa Tarraconense, ata o golfo de Almería, ao S, onde limitaba coa Bética, e incluía o antigo territorio dos oretanos, dos carpetanos e parte dos celtíberos, ademais das Illes Balears desde o 385. A división perdurou durante o reino visigodo, ata o 554, cando unha parte do territorio foi conquistada polos bizantinos, que a incorporaron á Mauritania Secunda. A outra parte da provincia comprendía Toledo, que se converteu en capital do reino visigodo. Despois da reconquista dos visigodos (615-624), a provincia recibiu tamén o nome de Cartaxinense Espartaria e, probablemente, os de Aurariola e Oróspeda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia eclesiástica Cartaxinense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial eclesiástica tamén denominada Cartaxinense ou Cartaxinense Espartaria (ss VII-VIII), baseada na provincia romana civil correspondente. Toledo era a súa metrópole. Desapareceu definitivamente durante a época islámica.
-
-
Relativo ou pertencente a Cartago ou aos cartaxineses.
-
Individuo dun pobo fenicio que habitou a cidade de Cartago.
-
Pobo de raíz fenicia, tamén denominado púnico, que tivo como centro a cidade de Cartago, no actual territorio de Tunes. Orixinariamente era unha factoría comercial que os fenicios estableceron no Mediterráneo central e occidental e, excepcionalmente, chegou a ser unha colonia de poboamento. Durante os ss VII e VI a C espallaron a súa influencia sobre outras colonias fenicias, na costa do N de África, ao O de Cartago, e no estreito de Xibraltar. Desde o s VI a C toparon coa competencia grega e mantiveron unha serie de guerras cos gregos de Sicilia, que acabaron sen unha conquista total malia estableceren factorías no oeste da illa. A política expansiva cara ao Occidente dirixiuna a familia dos bárquidas: Amílcar Barca, Asdrúbal e, sobre todo, Aníbal, pero viuse atrancada pola nova potencia que se creara no Occidente, Roma. As loitas entre cartaxineses e romanos orixinaron as tres Guerras Púnicas. A primeira (262-241 a C), acabou coa consolidación do dominio romano en Sicilia; a...
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, drenado polo río Piedras (11.435 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na produción agrícola e pesqueira. Existen pequenas plantacións de cereais, viña, oliveiras e árbores froiteiras. A industria está relacionada coa conserva do peixe e con pequenas canteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte Antiga e Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), ampliou estudios en Estrasburgo, París e Perugia. Profesora de historia da arte na facultade de Xeografía e Historia dende 1994, especializouse no estudo da iconografía da morte na escultura funeraria do medievo galego. Realizou traballos de investigación relacionados coa diocese de Tui-Vigo, como a confección do seu inventario mobiliario litúrxico e o estudo histórico e estrutural da catedral tudense. Colaborou, entre outras publicacións en Tuy. Museo y Archivo histórico diocesano, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos e Archivo Español de Arte. Dirixiu a colección de historia da arte da Fundación Cultural Rutas do Románico. Foi coautora, entre outras obras, de A comarca do Deza (1998), Pola beira do Miño en Galicia e Portugal (1999) e Arte y poder en la Galicia de los Trastámara: la provincia de La Coruña (2000). Entre as súas obras destacan La catedral...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor latino, mártir e un dos Pais da Igrexa. Tras vivir unha mocidade entregada aos vicios converteuse ao cristianismo no 246; tres anos despois foi elixido bispo de Cartago e reorganizou a Igrexa de África, malia a violenta persecución de Decio que o obrigara a saír da cidade. No 255 mantivo unha controversia co Papa Estevo, quen autorizaba os bautismos conferidos por herexes fronte á súa opinión, non tan indulxente, e á dos bispos africanos. O procónsul Paterno desterrouno ao tunesino cabo Bon, pero, tras volver ser arrestado, regresou a Cartago; meses despois foi decapitado ao se negar a sacrificar os ídolos. A súa obra divídese en cartas e tratados (sermones, libelli, tractatus), entre os que destaca De habitu virginum, Catholicae ecclesiaeunitate ou De lapsis. A súa festa celébrase o 16 ou o 26 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Esparta (520-490 a C). Membro da dinastía dos Áxidas, buscou a consolidación da hexemonía espartana en Grecia. Á fronte dun exército espartano axudou a expulsar a Hipias de Atenas (510 a C) e mantivo o partido aristocrático ateniense oposto a Clístenes. No ano 500 a C negouse a axudar aos xonios contra os persas. Enfrontado co seu colega Demarato, depúxoo valéndose dun oráculo pero, ao descubrirse a fraude, tivo que exiliarse. Chamado outra vez polos espartanos, toleou e suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Esparta (236-219 a C). Continuou a política do seu predecesor Axis IV, co restablecemento das leis de Licurgo, coa represión do luxo e a imposición dunha férrea disciplina. Ocupouse tamén de reformar o exército e nomeou cidadáns de pleno dereito a 4.000 periecos, entre os que repartiu terras. Envelenou o seu colega e nomeou o seu irmán Euclides para compartir a monarquía. Tentou controlar a Liga Aquea e, logo da vitoria de Megalópolis (227 a C), tomou as cidades de Argos e Corinto (223 a C), pero foi vencido en Selasia (221 a C). Fuxiu a Exipto, onde foi encarcerado por Ptolomeo IV Filopátor e logo suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de coartar.
-
Obriga que tiñan antigamente os clérigos de ordenarse dentro dun certo termo, segundo as condicións do beneficio eclesiástico obtido.
-
-
Diminución conxénita ou adquirida do diámetro dunha estrutura anatómica.
-
coartación da aorta
Estenose da arteria aorta, case sempre por baixo do nacemento da arteria subclavia esquerda. O signo clínico máis característico é unha hipertensión arterial nos brazos xunto cunha tensión normal ou baixa nas pernas.
-
-
-
-
Circunstancia que demostra a ausencia dun sospeitoso do lugar do delito no momento no que se cometeu.
-
Razón ou escusa coa que se pretende esconder o motivo real dalgunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restrinxir ou impedir a través de medios non físicos a capacidade de acción ou de decisión de alguén. Ex: Sempre loitou contra as normas que coartaban a liberdade do individuo.