"Asio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 96.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da semántica que estuda os diferentes significantes que lle corresponden a un significado determinado. Tómase un concepto, expresado en metalingua, e búscanse as palabras que nunha lingua serven para expresalo. Oponse á semasioloxía, que estuda os significados que corresponden a un significante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á onomasioloxía.
-
PERSOEIRO
Médico grego. Pertenceu á escola de Alexandría e recibiu o cargo de cuestor do Emperador Flavio Claudio Xulio. Foi autor dunha monumental Colección médica, abreviada nunha Sinopse posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agapito Francisco Pajares Ojeros.
-
PERSOEIRO
Pintor grego. De escola xónica, traballou en Atenas. Foi célebre pola solución dada ao trazo dos contornos das figuras, aos volumes e ao movemento. A súa obra, perdida, coñeceuse a través de textos literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Paschasius, nome cristián-romano evocador da festa relixiosa da Pascua. A súa festividade celébrase o 26 de abril ou o domingo da Pascua.
-
PERSOEIRO
Teólogo francés. Abade do mosteiro beneditino de Corbie, renunciou ao cargo e retirouse a Saint-Riquier. Escribiu, entre outras obras esexéticas, De corpore et sanguine Domini e unha obriña mariolóxica Ad Paulam et Eustochium, sobre a asunción de María. É venerado como santo no calendario beneditino. A súa festividade celébrase o 26 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ás paixóns, especialmente ao amor.
-
Que se deixa levar pola paixón e os sentimentos de forma desenfreada.
-
crime pasional
Crime ocasionado pola paixón amorosa, erótica, ou influído por ela.
-
-
Aplícase a un dos oito tipos caracterolóxicos de Heymans-Wiersma-Le Senne, nos seus estudos sobre o carácter.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isidora Ibárruri Gómez.
-
-
Libro litúrxico que contén os relatos da paixón dos mártires, colocados segundo o calendario do santoral, para o oficio matinal, e na liturxia hispana, galicana e ambrosiana, tamén na misa. O primeiro pasionario coñecido é da fin do s VII e os máis antigos de tipo hispánico son do s X.
-
Libro litúrxico que narra a Paixón de Xesús Cristo.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á orde pasionista.
-
Membro da orde relixiosa que san Paulo da Cruz fundou en Alexandría (Italia) en 1720, co nome de Congregazione della Passione di Nostro Signore Gesù Cristo. En 1878 instaurouse na Península Ibérica. Ten casas en México, Cuba, Venezuela, El Salvador, Costa Rica e Honduras.
-
-
Persoa que canta a Paixón nos oficios de Semana Santa.
-
-
GALICIA
Político. Fundou unha consignataria de barcos de pasaxe e de carga entre Ferrol e A Coruña que funcionou entre 1850 e 1914. Foi deputado polo distrito de Ferrol (1876-1884 e 1886-1891), senador pola provincia da Coruña (1891-1893) e alcalde de Ferrol (1885-1886 e 1889). Fundou e presidiu a Cámara de Comercio de Ferrol (1900-1905), a Escola de Artes e Oficios e o xornal La Monarquía (1886). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de persuadir ou persuadirse.
-
Método ou facultade para convencer de algo a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflorescencia cimosa en que por debaixo de cada eixe principal terminado en flor se orixinan tres ou máis flores. OBS: Tamén se denomina cima multípara.
-
-
Elemento químico, de número atómico 19 e peso atómico 39,0983, pertencente ao grupo IA, ou dos metais alcalinos, da táboa periódica, descuberto en 1807 por H. Davy. É o sétimo por orde de abundancia dos elementos presentes na codia terrestre, e constitúe un 2,4% do seu peso. O potasio natural é unha mestura de tres isótopos, con masas 39 (93,1%), 40 (0,00118%) e 41 (6,90%), e o isótopo 40 K é radioactivo cunha vida media de 1,4 x 10 9 anos. Tamén son coñecidos seis isótopos artificiais radioactivos, dos que o máis importante é 42 K, cunha vida media de 12,4 horas, que se emprega como trazador en experimentos biolóxicos. O potasio está moi espallado na natureza e localízase en forma de mesturas de sales (carnalita, polihalita, silvinita), atopadas en depósitos extensos, superficiais ou subterráneos, procedentes en moitos casos da desecación de zonas acuáticas. Non se dá nativo e a súa preparación en forma metálica ten lugar por electrólise do hidróxido....
-
Sólido en forma de pos brancos delicuescentes, soluble en auga, onde dá solucións básicas, e insoluble en alcohol, que funde a 891°C. Ten a súa aplicación na fabricación de vidros e cerámicas especiais, como deshidratante, aditivo alcalino para alimentos e cosméticos, e na fabricación de tubos de televisión.
-
Sólido cristalino, de cor branca, con cheiro de améndoas amargas, moi tóxico, soluble en auga, alcohol e glicerina, que funde a 634°C. Emprégase na metalurxia da prata e no tratamento do aceiro (cianuración).
-
Sólido cristalino incoloro, de gusto fortemente salgado, soluble en auga, que funde a 772°C. Emprégase principalmente como fertilizante, en fotografía e como substituínte do cloruro sódico na dieta con fins terapéuticos. Tamén se denomina muriato de potasa.
-
Sólido cristalino vermello amarelado, tóxico e oxidante, soluble en auga, que funde a 396°C e que se obtén por tratamento do cromato de potasio con ácido sulfúrico. Emprégase como pigmento, oxidante e reactivo analítico.
-
Sólido branco, delicuescente, que absorbe activamente auga e dióxido de carbono do aire, soluble en auga e alcohois, funde a 360°C. Emprégase na fabricación de xabóns e deterxentes, principalmente líquidos, como elemento de branqueo e como aditivo alimentario alcalino. Tamén se denomina potasa cáustica.
-
Sólido cristalino, higroscópico, de gusto salino, soluble en auga, que funde a 337°C. Empregouse na fabricación de pólvora e ten aplicación na preparación de fertilizantes especiais.
-
Sólido cristalino de cor púrpura escura e gusto astrinxente, altamente oxidante, soluble en auga e metanol, que se descompón a 240°C. Emprégase como oxidante industrial, analítico e sintético, como desinfectante e como axente branqueador.
-
Sólido cristalino, soluble en auga, que funde a 1072°C. Emprégase como fertilizante para os cultivos de cítricos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade criptocristalina de cuarzo, translúcida e de cor verde mazá que se emprega en xoiaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da división das clorófitas, de cor verde escura, co talo laminar co bordo enteiro e irregular. Viven fixas ao substrato por un disco basal de pequeno tamaño, medrando sobre as rochas no supralitoral e no mesolitoral en esteiros e praias protexidas. Poden empregarse como indicadoras de contaminación ao aparecer en zonas contaminadas por materia orgánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Protasius, que deriva do grego Prótasios ‘o que está diante, o preferido, o destacado’.
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi irmán xemelgo de san Xervasio, con quen morreu. A súa festividade celébrase o 19 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e biblista reformado. Monxe xerónimo en San Isidoro del Campo, abrazou a Reforma protestante e tivo que fuxir a Londres. En Estrasburgo preparou a versión da súa edición española da Biblia, que apareceu en 1569 e que foi revisada posteriormente por Cipriano de Valera.
VER O DETALLE DO TERMO