Prasiola

Prasiola
[PROTISTA]

Xénero de algas, da división das clorófitas, de cor verde escura, co talo laminar co bordo enteiro e irregular. Viven fixas ao substrato por un disco basal de pequeno tamaño, medrando sobre as rochas no supralitoral e no mesolitoral en esteiros e praias protexidas. Poden empregarse como indicadoras de contaminación ao aparecer en zonas contaminadas por materia orgánica.