Prat de la Riba i Sarrà, Enric
Prat de la Riba i Sarrà, Enric
Xurista e político. Elixido secretario da xunta da Unió Catalanista, interveu na preparación e os debates das Bases de Manresa e foi un dos fundadores da Lliga Regionalista. En La nacionalitat catalana (1906) expuxo o seu concepto organicista da nación. Entendía a nacionalidade como a determinación unitaria duns individuos que falan a mesma lingua, que expresan unha soa vontade e teñen un mesmo sentimento do dereito revelado no costume. Propugnou unha federación de Catalunya cos outros pobos ibéricos baixo un réxime monárquico ou republicano. Presidiu a Mancomunitat de Catalunya en 1914 e 1917, e creou o Institut d’Estudis Catalans, o Consell d’Investigació Pedagògica e impulsou a formación da Biblioteca de Catalunya.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Castellterçol, Barcelona -
Deceso