"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza de París construída no s XIV. Foi unha cidadela militar ata que Richelieu a converteu en prisión do estado. O 14 de xullo de 1789, nun dos episodios máis sobranceiros da Revolución Francesa, a Bastilla, cárcere e símbolo da represión gobernamental do Absolutismo, foi asaltada e tomada polo pobo de París. A Terceira República declarou (1880) esta data festa nacional.
-
-
Dise das pezas que teñen o bordo inferior formado por ameas.
-
Aplícase ás bandas e barras coas ameas en dirección vertical.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provisión de alimentos, armas ou municións, en especial para o exército ou para un lugar sitiado.
-
-
Elemento de fortificación de forma pentagonal que se insire no espazo de unión de dous panos de muralla. Está composto de dúas caras que forman un espigón angular, dous flancos de unión e un acceso sito na parte interior do recinto. A súa aparición está vinculada ao perfeccionamento e á sistematización da artillería. Xa se esbozaba nos recintos fortificados medievais, pero a súa construción non se consolidou ata principios do século XVI e alcanzou a súa máxima eficacia defensiva coa contribución de Vauban, fundador da escola francesa de fortificación.
-
Obra de fortificación ou recinto fortificado.
-
Lugar, persoa ou comunidade na que se defende ou fai forte algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
bastetano.
-
PERSOEIRO
Conquistador do Reino de Quito e do sur de Nueva Granada. Foi chamado tamén Belalcázar. Chegou ás Indias seguramente cara ao 1507, como partícipe das expedicións de Panamá e Nicaragua. En Perú estivo presente na batalla de Cajamarca, no ano 1532. Gobernador de Piura, conquistou, explorou e colonizou os quitos, os vales do Cauca e do Patía, e fundou moitas cidades como Santiago de Guayaquil (1535), Quito (1536), Popayán e Cali. En 1540 foi nomeado gobernador do Popayán, cargo que perdeu acusado de crueldades cos indios.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao blasto.
-
Agravamento dunha doenza neoplásica hematolóxica, que estaba en remisión, coa aparición de blastos no sangue periférico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que ten por obxecto reparar unha pálpebra destruída ou deformada por unha ferida, unha contusión ou unha lesión ulcerosa.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso que saíu editada probablemente no ano 1866. Este boletín destinouse fundamentalmente á circulación das disposicións do prelado da cidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín relixioso de periodicidade semanal que xurdiu en Mondoñedo o 3 de maio de 1856 e que cesou en 1935. Esta publicación, redactada na secretaría da cámara, tiña como obxecto a divulgación das disposicións do prelado. Foi editado na imprenta de Perrote-Romero entre 1856 e 1878. Posteriormente, encargaríase da súa edición o Centro de Acción Social Católica. En 1913 tiña periodicidade decenal e unha tiraxe de 500 exemplares, e saía publicado co nome de Boletín Oficial del Obispado de Mondoñedo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Ourense no ano 1850, aínda que a partir de 1857 foi substituída polo Boletín Oficial de la diócesis de Orense. A Secretaría da cámara do bispado foi a encargada de fundar e dirixir esta publicación que alternaba o castelán co latín. Non houbo firmas dos colaboradores, emporiso algúns poemas levaban as iniciais: F. P. de A., M. Pardo, etc. O boletín posuía un enfoque relixioso patente nas poesías, nos actos oficiais do prelado, nas pastorais ou nos artigos tirados da prensa católica. Contaba con dúas seccións “Secretaría de Cámara del gobierno eclesiástico de Orense” e “Habilitación del culto y clero de la provincia de Orense”. Nas súas follas tamén se ofrecía publicidade, principalmente de prensa e de libros católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en febreiro de 1859. Manuel Martínez de la Cruz imprimía este boletín tres veces ao mes. Tiña como propósito a divulgación das disposicións do prelado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Viviu en Roma (1634-1637) e foi pintor de cámara de Cristina de Suecia. Autor de notables retratos (Cristina de Suecia, Autorretrato), que evocan a Van Dyck, e de pinturas murais. Foi un dos fundadores da Académie Royale (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e humanista alsaciano. Escribiu en dialecto alsaciano Das Narrenschiff (O barco dos tontos, 1494).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo oficial da radiodifusión e televisión do Reino Unido, creado no 1927 para suceder a British Broadcasting Company (1922). Detenta o monopolio da radiodifusión e, ata o 1954, o da televisión. As súas emisións cubriron todo o mundo. Tivo un papel notable durante a Segunda Guerra Mundial.
-
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Foi mestre de capela da catedral de Estrasburgo e, posteriormente, da de Meaux. Formou unha biblioteca musical riquísima que actualmente está gardada nos fondos da Bibliothèque Nationale de París. Sobre música publicou o Ditionnaire (1701 e 1703) e Lettre en forme de dissertation à M. Demotz sur sa nouvelle méthode d’ écrire le plain-chaint et la musique (Carta en forma de disertación a M. Demotz sobre o seu novo método de escribir o canto e a música, 1729). Compuxo, sobre todo, cantatas e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade do Exipto faraónico, capital do nomós XVIII do Baixo Exipto, situada a uns 87 km ao NL do Cairo, no delta do Nilo, que se corresponde coa actual Tell Basta. A forma grega Bubastis e a hebrea Pibesth derivan do nome exipcio Pr-B3st (Templo de Bastet). Importante asentamento dende a prehistoria, converteuse na capital de Exipto durante o goberno dos hicsos. Tivo especial importancia como residencia da dinastía XXII, denominada bubastita (980-810). Coa dinastía XXX recuperou parte do pasado esplendor, pero durante pouco tempo. Na cidade celebrábase un famoso festival anual en honor á deusa Bastet. A decadencia desta cidade comezou cando, primeiro Naucratis e logo Alexandría, dirixiron o comercio cara ao brazo occidental do delta. Na época romana acentuouse o proceso, desaparecendo nos primeiros séculos da dominación musulmana. As escavacións de Naville por conta da Egypt Exploration Fund, de 1887 a 1889, descubriron materiais de case todas as épocas...
-
PERSOEIRO
Navegante e cartógrafo. Fillo de Giovanni Caboto, participou canda el nas expedicións de América do Norte. Foi cartógrafo de Enrique VIII e no 1518 Carlos V nomeouno piloto maior. En 1544 fixo o planisferio que se conserva na Bibliothèque National de París. Foi o primeiro en penetrar no estreito e na baía de Hudson. Descubriu o río de la Plata e explorou parte dos ríos Paraná e Paraguay. En 1548 volveu a Inglaterra ao servizo de Eduardo VI, fundou en Londres (1551) unha compañía para o comercio con Moscova e organizou expedicións para chegar a Oriente polo nordeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Participou na preparación do movemento militar da Vicalvarada (1854), que deu inicio ao Bienio Progresista. Redactou o Manifiesto de Manzanares (1854), declaración programática da futura Unión Liberal, partido polo que foi elixido deputado a Cortes e, máis tarde, designado director xeral da administración local e subsecretario de gobernación con O’Donnell (1858). Foi ministro da Gobernación no goberno de Mon (1864) e de Ultramar no último ministerio O’Donnell (1865). Non participou na Revolución de 1868 nin apoiou a causa de Isabel II. Deputado ás Cortes de 1869, defendeu posicións conservadoras. En 1873 designárono xefe do partido afonsino e dirixiu a campaña para a restauración da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII. Nomeado xefe de goberno (1875), desenvolveu o sistema político da Restauración que ideara, baseado na unión de monarquía e Cortes a través dun texto constitucional (1876) que permitiu a división de poderes. Pactou con Sagasta a alternancia no...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación practicada para corrixir a estenose do orificio palpebral.