"Atán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escolma antiga de contos da literatura sánscrita (200?), de autor descoñecido. As narracións, en forma de fábula, onde os vicios adoitan tomar forma de animal, rematan a miúdo cunha estrofa gnómica ou aforismo. Estes setenta contos foron concibidos como parte da instrución dos mozos da realeza e constituíron o libro doutrinal do sabio Vichnucharman. Adaptada ao persa (s VI) e traducida ao árabe (750), foi unha das recompilacións fabulísticas de referencia na Idade Media.
-
CIDADES
Cidade de Nepal, situada a 8 km ao S de Katmandú, á beira do río Bāgmati (161.617 h [2001]). Vive da agricultura e da gandaría. Fundada no s VII, foi capital do Reino de Patan (1639). Do seu patrimonio destacan cinco stupas de Aśoka (s III a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sabana propia de Sri Lanka, poboada de árbores e rica en poáceas.
-
CIDADES
Cidade de Sumatra Setentrional, Indonesia, situada a 80 km de Medan (203.056 h [1995]). É o centro da obra de evanxelización realizada entre os bataks.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás platanáceas.
-
Planta da familia das platanáceas.
-
Familia de árbores, da orde das hamamelidais, formada por individuos que presentan follas alternas palmadas, flores unisexuais, diminutas e reunidas en inflorescencias globosas, e froitos en núcula. É propia de Eurasia e de América do Norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, acuática, de ata 150 cm de altura, que presenta rizoma groso con brotes, talos ergueitos dos que saen follas longas, flores unisexuais dispostas nunha inflorescencia en glomérulo e froito en aquenio elipsoide. Florece entre xuño e agosto. En Galicia pódese localizar en augas tranquilas e pouco profundas, e nas ribeiras dos lagos.
-
-
Relativo ou pertencente aos platanístidos.
-
Cetáceo da familia dos plastanístidos.
-
Familia de mamíferos cetáceos odontocetos, que presenta o corpo alongado, o rostro fino co cranio comprimido e as aletas peitorais moi longas. Habitan nas desembocaduras de ríos ou en augas doces. Comprende varias especies como as asiáticas Lipotes vexifiller (no río Iang-Tsé) e Platanista gangetica (no río Ganxes); e as americanas Pontoporia blainvillei (no Río de La Plata) e Inia geofrensis (no río Amazonas, é o máis grande dos golfiños de río), entre outras especies.
-
-
-
banana.
-
bananeiro.
-
Árbore monoica, caducifolia e corpulenta, de ata 40 m de altura, de copa ampla, e cortiza a partir da que se desprenden placas irregulares de ritidoma. Presenta follas palmatilobadas e palmatinervias, flores agrupadas en inflorescencias esféricas, pedunculadas e terminais, e froitos agrupados en infrutescencias globosas. Florece en abril. En Galicia é moi común en parques e paseos e soporta moi ben a polución atmosférica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das orquidáceas, que presentan unha raíz tuberosa, un escapo floral con follas ben desenvolvidas, flores de cor branca ou verdosa dispostas en espiga e un esporón cilíndrico. En Galicia está presente na metade N a especie P. bifolia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das platanáceas, que presenta follas alternas, lobuladas e tronco recuberto dunha cortiza que se desprende en placas. As flores son unisexuais e o froito é un aquenio que está envolto por pelos longos na base. Unha das especies máis coñecidas é o plátano de sombra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caetano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khêt de Camboxa (10.782 km2; 94.243 h [1998]. A súa capital é Lomphat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto perennifolio, tomentoso, de follas simples, alternas, sésil e ovados agudos, con flores vermellas e froitos en carcérula. A raíz, oficinal, contén unha materia colorante vermella. É propio dos Andes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satanás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Príncipe dos demos, denominado tamén Belial, Beelzebub, Lucifer ou Satán.
-
-
Relativo ou pertencente a Satanás ou ao satanismo.
-
Que é extremadamente perverso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude de rebelión contra Deus e de gusto polas cousas prohibidas ou pecaminosas, mantida sobre todo por escritores románticos, que vai desde unha inversión desafiante dos valores da fe e da moral ata o culto de Satanás (misa negra). Idealizado no bandido xeneroso ou no delincuente sublime levados á perfección por G. G. N. Byron e por P. B. Shelley, o satanismo derivou en blasfemia e obscenidade na obra do marqués de Sade e dalgúns libertinos franceses (ss XVII-XVIII). Tamén apareceu na obra de Dostojevski e en André Gide. Existe tamén un paralelo artístico no canibalismo de E. Delacroix, ilustrador do Fausto de Goethe e dos poemas satánicos de Byron.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou conxuntamente co seu irmán Boris Natanovi č Strugackij (Leningrado 15.4.1933). Autores de literatura de ciencia fición, destaca Piknik na obočine (Picnic á beira do camiño, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO