"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • Antigo reino da India central de comezos do primeiro milenio a C, con capital en Ujjain e que despois recibiu o nome de Reino de Mālava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal socialista italiano fundado no 1896 en Roma por Leonida Bissolati. No 1926 foi prohibido por Mussolini, quen fora con anterioridade o seu director. Reapareceu como órgano do partido socialista de Pietro Nenni (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brinco que dan os rapaces nalgúns xogos ou cando teñen que avantar algún obstáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de soldados que se adianta ao corpo principal para inspeccionar o terreo e observar de cerca o inimigo.

    2. O que se adianta ou anticipa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avanzar.

    2. Que chegou moi adiante nun movemento, nun proceso ou no decurso do tempo.

    3. Que progresou moito nun aspecto.

    4. Que é unha persoa progresista ou que ten ideas progresistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que avanza ou serve para avanzar.

    2. Dispositivo que serve para producir un avance nun mecanismo ou nun fenómeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir cara a adiante.

    2. Experimentar desenvolvemento ou mellora unha acción, condición ou estado.

    3. Mover ou colocar unha cousa máis adiante.

    4. Facer o anuncio de algo que se vai expoñer exhaustivamente máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira N da ría de Ares, entre a Enseada de Areosa e a punta Promontorio, na parroquia de Cervás, concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten avaricia ou que cobiza adquirir riquezas, atesouralas e non compartilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dano ou desperfecto incidental sufrido por un motor, unha máquina, un mecanismo ou calquera outro aparello, que dificulta ou impide o seu funcionamento correcto.

    2. Calquera gasto extraordinario ou eventual causado durante a navegación coa finalidade de conservar o navío ou a carga. Tamén se inclúen os danos ou deterioros que sofren o barco e as mercadorías dende a saída do porto ou da carga ata a arribada ao porto de destino ou ao punto de descarga onde son consignadas. Chámase avaría simple a que non repercute nos interesados no buque ou na carga, sendo soportadas as consecuencias por cada un deles, e avaría común ou grave a que comporta evitar un maior dano para todos os interesados. Entón faise un prorrateo dos danos ou das perdas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar avaría ou danos nalgunha cousa.

    2. Padecer algunha avaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo excesivo e desordenado de adquirir riquezas para gardalas, privándose mesmo do imprescindible. Patoloxicamente se atopan casos de avaricia en demencias e delirios presenís, nos que teñen un valor sintomático comparable aos trastornos da memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten avaricia, que anhela acumular cousas no seu proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Exipto faraónico situada, probablemente, na zona NL do delta do Nilo. Os hicsos fixeron dela a súa capital permanecendo alí uns cento cincuenta anos, ata que foi tomada polo Faraón Amosis (1567? a C). A partir de entón, Avaris desapareceu das fontes, aínda que nalgúns casos se identifica, como algúns investigadores defenden, con Tanis a moderna ( Palatino; Ṣ ān al-Hağar) ou con Qantir- Hattana; para outros estudiosos sería a residencia de Pi-Ramsés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten avaricia, que fai un aforro esaxerado e moitas veces innecesario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ávaros.

    2. Individuo dun pobo nómade de Asia central, de orixe turca ou mongólica, que adoptou o nome de ávaro no s V. Empuxados cara a Occidente, dominaron as estepas do Volga ata a segunda metade do s VI. Someteron e incorporaron tribos de hunos e asentáronse no norte do Cáucaso, ofrecéndose ao servizo de Bizancio. O Emperador Xustiniano tomounos a soldo contra búlgaros e eslavos, e autorizounos a que se establecesen na Península Balcánica (561). Aliáronse cos lombardos contra os xépidos, que foron derrotados no 567. Como consecuencia, ocuparon a bacía do Danubio-Tisza, onde fixaron o centro do seu dominio que, baixo o Khan Baian (565?-602), estendíase dende o Volga ata o Elba e o mar Báltico. Atacaron repentinamente Turinxia (568 e 596) e constituíron unha ameaza para o Imperio Bizantino (580-626). No s VII iniciouse a decadencia dos ávaros. Os búlgaros establecidos en Dobrudja abandonaron os seus dominios. No 791 Carlomagno iniciou unha serie de campañas anuais contra os ávaros atacando, ao mesmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ávaros ou á súa lingua.

    2. Individuo dun pobo do Cáucaso (unhas 400.000 persoas) que vive na súa maior parte no Daguestán e tamén ao NL do Acerbaixán.

    3. Lingua da familia caucásica falada polos ávaros. É unha das linguas francas do Daguestán. Escrita inicialmente en caracteres árabes modificados, despois da Revolución Rusa pasou a escribirse en caracteres latinos modificados; actualmente faise en caracteres cirílicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital das illas Cook, Nova Celandia, situada na illa de Rarotonga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen avasala.

    VER O DETALLE DO TERMO