avaría

avaría

(<ár auār ‘dano’)

  1. s f

    Dano ou desperfecto incidental sufrido por un motor, unha máquina, un mecanismo ou calquera outro aparello, que dificulta ou impide o seu funcionamento correcto.

    Ex: O técnico aínda non arranxou a avaría do meu ordenador. Unha avaría nos motores do avión provocou unha aterraxe forzosa.

    Sinónimos: desarranxo.
  2. s f [DER/MAR]

    Calquera gasto extraordinario ou eventual causado durante a navegación coa finalidade de conservar o navío ou a carga. Tamén se inclúen os danos ou deterioros que sofren o barco e as mercadorías dende a saída do porto ou da carga ata a arribada ao porto de destino ou ao punto de descarga onde son consignadas. Chámase avaría simple a que non repercute nos interesados no buque ou na carga, sendo soportadas as consecuencias por cada un deles, e avaría común ou grave a que comporta evitar un maior dano para todos os interesados. Entón faise un prorrateo dos danos ou das perdas.

Formas incorrectas

avería

Palabras veciñas

avanzar | Avarenta | avarento -ta | avaría | avariado -da | avariar | avaricia