desarranxo

desarranxo

(< desarranxar)

  1. s m

    Ausencia de orde ou organización.

    Ex: Non se sabe como dá vivido naquel desarranxo.

    Sinónimos: desamaño, desorde, desorganización.
  2. s m

    Trastorno dun aparato que dificulta o seu correcto funcionamento.

    Ex: Solucionaron o desarranxo que había na central e volveu a luz axiña.

    Sinónimos: avaría. Antónimos: arranxo.

Palabras veciñas

desarraigar | desarranxado -da | desarranxar | desarranxo | desarrear | desarrefecer | desarregazar