desorde
(
-
s
f
Ausencia de orde material ou dunha disposición material.
Ex: Hai tanta desorde nesta biblioteca que non atopo ningún libro dos que busco.
Sinónimos: desarranxo, desorganización. Antónimos: orde. -
-
s
f
Funcionamento normal de algo.
-
desorde de ansiedade
[MED]
Preocupación desmesurada polos acontecementos que teñen lugar na vida, acompañada de alteracións físicas que afectan á respiración ou á tensión muscular.
-
desorde disociativo /
[PAT/PSIC]
Alteración da personalidade que provoca que o individuo adopte identidades diferentes.
-
desorde estacional afectivo /
[PAT/FISIOL]
Alteración do sono e do apetito debido a unha produción excesiva de melatonina. É propia dos habitantes das rexións de altas latitudes, onde a insolación é moi feble e os días moi curtos na estación invernal, o que provoca unha secreción excesiva de melatonina.
-
desorde obsesivo-compulsivo /
[PAT/PSIC]
Enfermidade mental que oscila entre comportamentos violentos e actitudes obsesivas sobre as consecuencias de sucesos pasados.
-
desorde sexual /
[PAT/PSIC]
Alteración da conduta que inclúe, entre outros, a pedofilia, o masoquismo, o exhibicionismo e o sadismo.
-
s
f
-
-
s
m
Alteración da orde pública. OBS: Emprégase normalmente en plural.
-
desordes públicas
[DER]
Delito contra a seguridade interior do Estado que comete o que causa tumulto ou perturba gravemente a orde pública, sexa en lugares oficiais ou en actos públicos oficiais ou privados. Cometen este delito os que alteran a orde provocando lesións ou vexacións ás persoas, producindo desperfectos nas propiedades, obstaculizando vías públicas, ocupando edificios, causando desperfectos nas liñas de comunicación ou perturbando o funcionamento dos servicios públicos.
-
s
m
Refráns
- A desorde é pai da orde.
- Quen anda ao revés, anda o camiño máis dunha vez.
- Todo anda ao revés: abaixo a cabeza e arriba os pes.