"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Apelido portugués que pasou a Galicia. Ten a mesma orixe que Alcasoba. As súas armas levan, en campo de azur, unha fortaleza de prata con cinco torres, a do centro máis alta ca as outras e con muralla tamén de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Residencia fortificada que servía de pazo do rei ou do príncipe e estaba situada nalgún lugar estratéxico dunha cidade.

    2. Parte da cuberta alta, entre o pau maior e a entrada do camarote, nas embarcacións que o teñen, e ata a popa, nas outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe discutida. A hipótese máis difundida é a que a fai descender de Almanzor, fundador do castelo de Ceguer, ao redor do que se formou a cidade marroquí de Alcázar, entre Ceuta e Tánxer, e conquistada por Afonso de Portugal en 1468. Un fillo do príncipe chamado Xacobe Almanzor, seguiu ao Rei de Portugal establecéndose na terrra de Do-Sol e fundou unha nova cidade á que chamou tamén Alcázar. Os seus descendentes espalláronse por Portugal, Galicia e Andalucía. Xa no século XIII, esta estirpe tiña xa ramas principais en Portugal, Galicia, Andalucía, Castela e Murcia. A rama galega e portuguesa leva como armas, en campo de goles, un castelo de ouro, arrimado de dúas chaves de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, no Campo de San Juan, regado polo Záncara e o Cigüela (25.961 h [1996]). Centro comercial e importante nó ferroviario. Pertenceu aos cabaleiros da Orde de Santiago que a permutaron por Criptana coa Orde San Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Café concerto situado nos Champs-Élysées de París. Dende que foi creado en 1841 ata que foi derrubado en 1930 presentou os máis importantes intérpretes da canción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Café concerto situado no Faubourg Poissonnière de París. Foi un dos primeiros en adoptar a fórmula do music-hall. E a partir de 1867 presentou espectáculos baseados en operetas, ballets, acróbatas, etc. Pechado no 1889, foi convertido en teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta castelán. Da súa produción poética, reunida a maior parte postumamente, coñécense sobre todo as composicións humorísticas como La cena jocosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da rexión de Murcia (5.501 h [1996]). Situado na beira do Mar Menor, experimentou un gran pulo demográfico propiciado pola actividade turística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome castelán de El Ksar-el-Kébir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado no 1578 entre as tropas do Rei Sebastián de Portugal, que auxiliaba o Rei destronado de Marrocos, e os insurrectos marroquís. Foi unha desfeita para Portugal: alí morreron o Rei e un gran número de nobres portugueses. Significou o fracaso do afianzamento en Marrocos do imperio africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate sostido preto de Huesca no 1096, por Pedro I de Aragón e polo seu irmán, o futuro Afonso I, contra o Rei mouro de Zaragoza al-Musta´in e o seu aliado o conde de Nájera, García Ordóñez. O motivo do enfrontamento foi o sitio de Huesca por Pedro I, que conquistou a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Azina que deriva dun aldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formado no taller paterno, aproxímase á tradición da imaxinería popular en Galicia cunha técnica e un estilo relacionados co escultor Asorey. Participou en diversas exposicións e obtivo unha bolsa pola Deputación da Coruña en Roma para ampliar estudios. Entre 1956 e 1967 foi profesor de modelado na Escola de Artes e Oficios de Santiago, á que se incorporaría logo dunha pequena paréntese dous anos despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Construíu, entre outras obras, a vila Cambiaso en Xénova (1548) e a basílica de Carignano, baseada no proxecto de Bramante para San Pedro de Roma. A súa obra, especialmente a de tipo civil, constitúe unha sorte de manierismo arquitectónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Tui. Relacionados con esta caste están tamén os apelidos Alfacer, Alfasa e Alfacia. As súas armas levan, en campo de azur, unha alfaza.

    VER O DETALLE DO TERMO