"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Militar cartaxinés, un dos máis famosos da Antigüidade. Fillo de Amílcar Barca, a quen acompañou cando tiña nove anos, na expedición dos cartaxineses á Península Ibérica, onde pasou a súa mocidade. Segundo a lenda, xurou odio eterno aos romanos e casou cunha indíxena. Cando no 222 a C Asdrúbal morreu asasinado, tomou o mando do exército cartaxinés, que entón dominaba a parte meridional e sudoriental da Península Ibérica. A partir do 219 e durante anos, a biografía de Aníbal confundiuse coa Segunda Guerra Púnica, que provocou co ataque a Sagunto. Despois organizou unha expedición a Italia a través dos Pireneos e dos Alpes. Malia as grandes vitorias sobre o exército romano quedou inmobilizado en Italia. Desembarcado o exército romano cerca de Cartago, tivo que ir socorrer a súa metrópole no 203. Vencido en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A partir da época de Augusto, esténdese como tema común entre os autores latinos a loanza da mestría no traballo técnico do ferro dos galaicos; Silio Itálico atribúelles a forxa do escudo de Aníbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lle dá aos montes Sredna Gora, en Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Gipuzkoa, País Vasco (6.147 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e musicólogo. Formouse musicalmente en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid, onde ampliou estudos de composición con David del Puerto, Luis de Pablo, Tomás Marco, Cristóbal Halffter e outros. Licenciouse en Musicoloxía na Universidade de Oviedo (1990). Colaborou coa Sociedad General de Autores e co Ministerio de Cultura na elaboración do Dicionario da Música Española e Hispanoamericana. É o promotor do proxecto Sistema de Especialización da Música en Vivo, no que se integran informática, electrónica, deseño de instrumentos e composición e da peza frauta, clarinete, violín, viola e violoncelo (2004).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipoloxía de vaso globular con colo longo e estreito, xunto cun bordo amplo e bico en forma de disco. De orixe corintia, usábase na antiga Grecia para gardar perfumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe toponímica, procedente dos concellos de Oia e Ponteareas. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro aclarado de azul e, sobre a torre de homenaxe, unha asta de bandeira de prata; e bordo de goles cargado de oito panelas, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, poeta e novelista. En 1954 viaxou a París para ver o Berliner Ensemble, iniciando así a estadía na cidade onde publicou e viu estreados moitos dos seus textos adaptados á lingua francesa. Influenciado polo Surrealismo e o Absurdo, na modalidade que el chama “pánica”, unha boa parte da súa obra, aquela que concibe no autoexilio parisino, destaca pola súa irreverencia, por unha marcada tendencia a reflectir condutas humanas dominadas polo sadismo e por unha permanente exploración do ritual e da cerimonia. Pasou, despois, ao Théâtre Bouffe, a medio camiño entre o vodevil e o absurdo. É autor, entre outras pezas, de Piqué-Nique en campagne (1952), Fando et Lis (1964), L’Architecte et l’empereur d’Assyrie (1967), Volemoi un petit milliard (1977), Le pastuga des loufs ou overture orng-outan (1978) e Punk et Punk et Colégram (1978). Realizou filmes como Viva la muerte! (1971), J’irai comme un cheval fou (1973)...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barrio ou sector dunha cidade situado, polo xeral, fóra do recinto da poboación.

    2. Zona próxima nos arredores dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao arrabalde.

    2. Habitante dun arrabalde.

    3. Persoa que non ten delicadeza, de mala educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barrio ou sector dunha cidade situado, polo xeral, fóra do recinto da poboación.

    2. Zona próxima nos arredores dunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación da santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica da segunda metade do s XII situada na parroquia do mesmo nome. O edificio ten unha única nave da que só se conserva a ábsida rectangular, cuberta por unha bóveda de canón, e os paramentos laterais como exemplos da súa traza románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de 50 xoias de ouro e prata da segunda Idade do Ferro, considerado unha das mellores mostras da ourivería prerromana da submeseta norte e do noroeste da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor vasco. Aos 12 anos realizou un ensaio de octeto, Nada y Mucho, e aos 14 anos, estreou en Bilbao a ópera Los esclavos felices. No ano 1822 marchou a París, onde mereceu a admiración de Cherubini. Ademais, entre outras obras, é autor de tres cuartetos para corda (1824), dunha sinfonía en re maior e de diversas cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do púnico Azruba’al ‘protexido de Baal’, divindade oriental. Chegou a nós a través do latín Asdrubal ou Hasdrubal. Moitos cartaxineses levaron este nome; entre eles, o xenro de Amílcar Barca ou mesmo o irmán de Aníbal. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Hasdrúbal (? 270 a C? - 221 a C) Xeneral cartaxinés da familia dos Barca, xenro de Amílcar, a quen sucedeu como xefe das forzas púnicas na Península Ibérica (228 a C). Fundou a base de Carthago Nova (actual Cartaxena) no ano 227 a C. Foi asasinado por un escravo indíxena celta que vengou, deste xeito, a morte do seu amo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Hasdrúbal (? 245 a C - 207 a C) Xeneral cartaxinés, irmán de Aníbal. Quedou como xefe dos cartaxineses na Península Ibérica cando Aníbal emprendeu a expedición a Italia, na Segunda Guerra Púnica. Loitou contra os romanos desembarcados en Ampurias (218 a C) conseguindo vencer os irmáns Publio e Gneo Escipión, xefes das forzas romanas (211 a C). Derrotado por Publio Cornelio Escipión, no 207 intentou socorrer a Aníbal para o que pasou de Iberia a Italia, onde foi vencido e morto na Batalla do Metauro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto ou efecto de asoballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que asoballa.

    VER O DETALLE DO TERMO