Aníbal ou Haníbal

Aníbal ou Haníbal

Militar cartaxinés, un dos máis famosos da Antigüidade. Fillo de Amílcar Barca, a quen acompañou cando tiña nove anos, na expedición dos cartaxineses á Península Ibérica, onde pasou a súa mocidade. Segundo a lenda, xurou odio eterno aos romanos e casou cunha indíxena. Cando no 222 a C Asdrúbal morreu asasinado, tomou o mando do exército cartaxinés, que entón dominaba a parte meridional e sudoriental da Península Ibérica. A partir do 219 e durante anos, a biografía de Aníbal confundiuse coa Segunda Guerra Púnica, que provocou co ataque a Sagunto. Despois organizou unha expedición a Italia a través dos Pireneos e dos Alpes. Malia as grandes vitorias sobre o exército romano quedou inmobilizado en Italia. Desembarcado o exército romano cerca de Cartago, tivo que ir socorrer a súa metrópole no 203. Vencido en Zama (202), foise refuxiar na corte de Antíoco III de Siria, ao que incitou á guerra contra Roma, mentres buscaba a alianza de Filipo de Macedonia. Vencido polos romanos (Batalla de Magnesia, 190-189 a C), Antíoco tiña o deber de entregalo, Aníbal fuxiu a Bitinia. Ante a imposibilidade de atopar un refuxio seguro, suicidouse.

Cronoloxía

  • Falecemento

    Lugar : Bitinia

  • Nacemento