"Bay" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 72.
-
GALICIA
Pintora e escritora, irmá de Xosé Ruibal Argibay. De nova marchou a Bos Aires onde coñeceu a Laxeiro que a iniciou na pintura e que deixou unha fonda pegada na súa obra. De volta en España, trasladouse a Madrid onde se interesou polas pinturas negras de Goya e deseguido comezou a realizar exposicións. Xunto co seu home, Agostiño Pérez Bellas, militou en organizacións de esquerdas e viaxou por Europa. A súa obra caracterizouse pola enerxía do trazo, a brillantez da cor e a temática relacionada co mundo románico popular, de raíz expresionista. Nas súas primeiras obras aproximouse ao surrealismo coa representación, por medio dun debuxo conciso, de seres fantásticos. Posteriormente reflectiu un mundo irónico e tras a morte do seu home a súa produción volveuse onírica, para nas últimas obras decantarse por un minucioso grafismo. Empregou a arte como denuncia e reflectiu as inxustizas das guerras de Vietnam e de Bosnia. Publicou Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, irmán de Mercedes Ruibal Argibay. Nado no seo dunha familia republicana, en 1951 marchou a Arxentina e Uruguay, onde entrou en contacto co mundo teatral. Compaxinou o seu labor creador co xornalismo e aproveitou a boa acollida dalgunhas das súas obras para difundir a súa produción en EE UU e Europa. Na súa obra emprega unha linguaxe áxil e constantes xogos expresivos, desmarcándose do teatro realista e á marxe da arte oficialista que se estaba facendo en España na posguerra. Ademais, nos temas tratados tenta expoñer a conflitividade da sociedade contemporánea e a opresión política á que se viu sometido na súa vida. Membro de honra do Actor’s Studio de Nova York, realizou diversas adaptacións das obras de Calderón de la Barca e é autor de La ciencia de birlibirloque (1956), baseada nunha lenda galega; Los mendigos (1957), en que utiliza personaxes zoomórficos; El bacalao (1960), onde analiza o mundo da burocracia; El asno (1962, Premio Modern...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar, fillo de Antonio Somoza. Coñecido como Tachito Somoza, foi presidente da república de Nicaragua (1967-1972 e 1974-1979). O seu réxime enfrontouse cunha oposición crecente, representada sobre todo polo Frente Sandinista de Liberación Nacional, que o derrotou.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Xava Oriental, na illa de Xava, Indonesia (2.743.400 [1996]). Está situada na costa N da illa, na desembocadura do Surabaya, que toma o nome de Kali-Mas, no estreito de Madura. É a segunda cidade do país e un gran núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Badía da costa setentrional do lago Superior, Canadá, na provincia de Ontario, diante da que se situa a illa Royale. O principal porto é o de Thunder Bay.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá (109.016 h [2001]). Posúe un porto situado na costa setentrional do lago Superior. Creouse en 1970 coa fusión das cidades de Fort William e Port Arthur.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Ōsaka, na illa de Honshū, Xapón, situado na ribeira esquerda do río Ishi, 20 km ao SL de Ōsaka (119. 363 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (63 km2; 129.706 h [2001]). É un centro de veraneo do litoral suroccidental de Lyme Bay.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta iraquí que acadou sona co diván titulado Malā’ika wa-šayātīn (Anxos e demos, 1950). Escribiu tamén poesía política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico árabe que acadou sona de asceta. En Basora foi discípulo de Hasan al-Basrī. Foi un dos primeiros mutazilitas, amigo e conselleiro do segundo Califa abásida, Almanzor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro imán e fundador da dinastía fatimita. Propagandista do movemento xiíta ismailita, foi expulsado polos califas abbásidas de Siria e refuxiouse ao N de África, onde puxo fin ao dominio dos aglábidas e foi recoñecido califa en Kairouan (909). En 920 iniciou campañas expansivas polo N de África, freadas no Magreb occidental grazas á intervención de ‘Abd al-Ra ḥ mãn III de Córdoba. Sucedeuno seu fillo Abū-al-Qasim.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor persa. Autor dun tratado de retórica titulado ‘Ussaq-nama (1350), publicou compilacións de aforismos, como Sad-pand (Cen consellos), e varias narracións curtas. Destacan as súas poesías satíricas.
VER O DETALLE DO TERMO