"Bell" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 211.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Karnātaka, na India (245.758 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Reporteiro gráfico. É membro das axencias Copi e Contifoto. Traballou na Televisión de Galicia, da TVE-2 e como xefe de cámaras do Arquivo da Imaxe de Galicia e nas publicacións La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Man Común, Diario de Galicia, Mundo Obrero Diario, El País e La Calle, e para a Gran Enciclopedia Gallega. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e na edición gráfica de varias publicacións literarias, concretamente no libro Galicia, a pé de foto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galería que nas torres defensivas está situada a media altura do muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela de segunda magnitude da constelación de Orión, situada a unha distancia duns 250 anos-luz da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Langey, militar e diplomático. Participou nas campañas francesas en Italia (1525) e no 1537 foi nomeado vicerrei do Piemonte. Escribiu unhas Mémoires (Memorias) políticas ao redor dos anos 1536-1540.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta. En 1549 publicou L’Olive (A oliveira), compilación de sonetos amorosos segundo o modelo de Petrarca; Vers lyriques (Versos líricos) e Recueil de poésie (Escolma poética). En 1552 editou as Inventions (Invencións), de inspiración cristiá, unha tradución do cuarto canto da Eneida e a Complainte du désespéré (Pranto do desesperado), confesión autobiográfica. É autor das compilacións de sonetos: Les antiquités de Rome (As antigüidades de Roma, 1558), Les regrets (As penas, 1558) e Divers jeux rustiques (Diversos xogos rústicos, 1558).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción francesa realizada en 1966 e dirixida por Luis Buñuel. Foi interpretada por Catherine Deneuve, Jean Sorel, Michel Piccoli e Francisco Rabal. Unha muller de clase acomodada, ante o temor da frixidez, decide empregarse nun prostíbulo de día, e non consegue satisfacer o seu marido porque só se motiva polo masoquismo. Atopará o pracer nesa dobre vida, pero o seu matrimonio sofre as consecuencias. A sátira e o surrealismo mestúranse co tratamento do sexo e da sensualidade que analiza o seu director.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión francesa que designa o período de euforia que precede á Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española do ano 1992, dirixida por Fernando Trueba, con guións de Rafael Azcona e Fernando Trueba. Foi interpretada, entre outros, por Jorge Sanz, Fernando Fernán-Gomez, Maribel Verdú, Penélope Cruz, Ariadna Gil e Miriam Díaz-Aroca. Acadou o Oscar á mellor produción estranxeira dese ano. Comedia ambientada nos comezos da Segunda República. Fernando, un desertor, atopa refuxio nunha gran casa onde vive o vello pintor Manolo coas súas fillas. Fernando deitarase con tres delas e formalizará a relación coa cuarta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción francesa realizada en 1946, dirixida e escrita por Jean Cocteau. Foi interpretada por Jean Marais, Josette Day, Mila Parely e Marcel André. Bela, filla dun comerciante arruinado, vai vivir ao castelo da Besta para liberar o seu pai. Rematará namorada da Besta, que se transforma nun fermoso príncipe. A finais dos anos 90, a factoría Disney realizou outra versión en debuxos animados dirixida aos máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, membro de La Pléiade. Cultivou a poesía científica en Amours et nouveaux échanges de pierres précieuses (Amores e novos cambios de pedras preciosas, 1576). Cultivou tamén a poesía pastoril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Traballou ao servizo de Xoán Sen Medo, duque de Borgoña e substituíu a Jean Malouel como pintor da corte en 1415. Rematou o retablo inacabado de Malouel identificado como O Martirio de san Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicado ao dedo da man máis pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido como Le maître des couleurs (O mestre das cores), considérase o representante da pintura francesa ao xeito flamengo, tendencia amosada no Tríptico da Trindade (1509-1515). A súa obra máis importante é o políptico de nove táboas Baño místico das ánimas no sangue do Salvador (1511-1520), realizado para a abadía de Anchin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta peruano. Estudiou Letras en Lima. A súa poesía recollida en El pie sobre el cuello (1967) manifesta, apoiándose nunha linguaxe clásica e irónica, as frustracións do home obrigado a renunciar ás preocupacións intelectuais para subsistir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora nicaraguana. En 1972 obtivo o Premio Mariano Fiallos Gil e no 1978 o Premio Casa de América polo seu libro Línea de fuego. Expresa as súas ideas e sentimentos sobre a condición feminina en obras como Amor insurrecto (1985), La mujer habitada (1988), Sofía de los presagios (1991). En 1990 foi elixida deputada polo Frente Sandinista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano en dialecto romano. Influído por Carlo Porta, mantivo unha actitude voltariana e anticlerical. Deixou inéditos máis de 2.000 sonetos I Sonetti romaneschi (Os sonetos romences, 1886-1889), onde describe e satiriza os costumes e artificiosidades da vida romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto castelán instalado en Lugo. Sitúase a medio camiño entre o eclecticismo e o historicismo. Entre as súas obras destaca o edificio do Círculo das Artes de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e explorador estonio. Navegou ao redor da Antártida nunha expedición da mariña rusa entre 1819 e 1821, que foi a primeira en descubrir terras ao S do Círculo Polar Antártico (a Illa de Pedro I e a Terra de Alexandre I), no mar que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO