"Berg" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • Nome flamengo de Mons, en Bélxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fylke de Hordaland, Noruega, situada á beira do Vågenfjord (224.130 h [1997]). Érguese nunha pequena chaira litoral bordeada de outeiros que dificultan a expansión urbana, estendéndose polo estreito que divide o fiorde, onde están as instalacións portuarias. Fundada cara ao 1070 por Olavo III e chamada Bjorgvin, foi a cidade máis importante de Noruega durante a Idade Media. Desde o s XIV formou parte da liga hanseática. É sede dunha das universidades de maior prestixio da Península Escandinava. Foi escollida, canda Santiago de Compostela e outras sete cidades, Cidade Europea da Cultura do ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Estudiou Interpretación na Universidade de Pennsylvania. Comezou traballando como modelo publicitaria. Casou en 1980 co cineasta Louis Malle. Foi nominada ao Oscar como mellor actriz secundaria por Starting Over (Comezar de novo, 1979). Recibiu numerosos premios polo seu traballo na serie televisiva Murphy Brown. Outros traballos seus son: The Group (O grupo, 1965), Soldier Blue (Soldado Azul, 1970), The Hunting Party (Caza implacable, 1971), Rich and Famous (Ricas e afamadas, 1980) e Stick (Xogar duro, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e poeta alemán. A súa obra caracterizouse pola riqueza anecdótica e por un concepto optimista da actividade creadora. Cómpre remarcar a novela Der Grosstyrann und das Gericht (O gran tirano e o tribunal, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas perennes da familia das saxifragáceas que presentan rizomas, follas sinxelas, enteiras, carnosas e de bordo finamente dentado, e flores de cinco pétalos de cor rosa e dispostas en acios. Orixinario de Siberia, foi introducido en Europa no século XVIII e está presente en Galicia como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nefropatía caracterizada por episodios repetidos de hematuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e filósofo francés. Como outros filósofos consideraba que o problema epistemolóxico complicaba o problema ontolóxico. A súa primeira obra importante foi o ensaio Les conditions de l’intelligibilité et le problème de Ia contingence (As condicións da intelixibilidade e o problema da continxencia, 1925). Preocupado pola caracteroloxía, destacou polos seus estudios sobre o carácter e sobre a noción de prospectiva, sobre os que publicou varias obras, entre as que destaca o Traité pratique de l’analyse du caractère (Tratado práctico de análise do carácter, 1950). Postumamente publicouse L’homme moderne et son éducation (O home moderno e a súa educación, 1962), onde expuña a súa teoría educativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra alemán. Foi o introdutor da electroencefalografía en clínica (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo coñecido co nome de Maurice Béjart. Foi director dos Ballets de l’Etoile (1954-1957), posteriormente nomeados Ballete Théâtre de Maurice Béjart (1957-1959) e Ballets du XXème Siècle (1959) e do Théâtre Royal de la Monnaie, de Bruxelas (1960). En 1970 fundou en Bruxelas a escola Mudra de danza e acción corporal. En 1987 creou e dirixiu o Béjar Ballet Lausanne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista norteamericano. Escribiu, entre outras, Crazy in Berlin (Un tolo en Berlín, 1958), Reinhart in Love (Reinhart enamorado, 1962), Little Big Man (O pequeno gran home, 1964), levada ao cine por A. Penn en 1970, Killing Time (Tempo mortal, 1967), Regiment of Women (Rexemento de mulleres, 1973), Who is Teddy Vilanova? (Quen é Teddy Vilanova?, 1977), Neighbours (Veciños, 1980), Being Invisible (Ser invisible, 1987), Orrie’s Story, (A historia de Orrie, 1990), Meeting Evil (Encontro perverso, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Dordogne, na Aquitania, Francia, situada á beira do río Dordogne (26.899 h [1990]). É un núcleo industrial próximo á central hidroeléctrica de Teulhèras. É sede dun instituto de experimentación do tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poema de natureza pastoril que desenvolve o tema da chegada da primavera e o espertar do namoramento. No século XV, nalgunhas rexións francesas, os pastores e as pastoras recitaban e bailaban bergerettes o domingo de Pascua. A estrutura máis habitual do poema presenta cinco estrofas de seis versos con maioría de rimas femininas. Esta forma, denominada gran bergerette, presenta como variantes a media bergerette, construída con cinco cuartetas nas que predominan as rimas masculinas, e a pequena bergerette, tres cuartetas cun refrán, que reproduce parte do primeiro verso da composición e se engade na segunda e na terceira estrofa. Moitas bergerettes foron recollidas por Weckerlin en Bergerettes et chansons du XVIII ème siècle (1821-1910).

    2. Danza do s XVI escrita a miúdo en compás de 6/8. No terceiro libro de Danceries (1551), publicado por Tylman Susato, recóllense catro temas de bergerettes entre as danzas baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo sueco. Foi o sistematizador do método noruegués de análise meteorolóxica. Introduciu o concepto de masa de aire, explicou a frontoxénese cinemática e estudiou o mecanismo das precipitacións atmosféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que explica como a presenza de cristais de xeo no interior dunha nube formada por pequenas gotas de auga arrefriadas provoca unha rápida condensación do vapor de auga enriba dos cristais de xeo, que, ao medrar en espesura, transfórmanse en folerpas de neve. O esquema proposto por Alfred Wegener en 1911 foi desenvolvido por T. Bergeron e W. Findeisen. Tamén recibe o nome de teoría de Wegener-Bergeron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi director do orfeón Unión Orensana. Compuxo as seguintes obras: Viva a troula, De ruada e No turreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo norteamericano. Dirixiu o equipo que preparou as primeiras edicións do Manual of determinative bacteriology (Manual de bacterioloxía determinativa), na que se establece unha sistemática das bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Cultivou a literatura infantil e a poesía: Stikhotvorenija (Poesías, 1934) e Kniga pesen’ (Libro de cancións, 1936). Escribiu tamén os poemas Govorit Leningrad (Fala Leningrado, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e cartógrafo alemán. Traballou en Francia no servizo cartográfico nacional e trala caída do réxime napoleónico pasou a Prusia. Entre as súas obras cómpre salientar o Physikalischer Atlas (Atlas físico, 1837-1848), que comprende 93 mapas con texto, e o Allgemeine Länder-und Völkerkunde (Xeografía rexional e etnoloxía xeral, 1836-1841). Foi editor da revista Hertha e colaborador dos Annalen der ErdVölkerund Staatenkunde, onde traballou con Alexander von Humboldt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Artista intelectual, uniuse a Gustave de Smet (1904) en Sint-Martens-Latem e converteuse no xefe espiritual da segunda escola de Latem. Durante a súa estancia en Holanda (1914) intensificou o seu expresionismo unido a un rigor construtivo derivado do Cubismo. En Gante (1925), o seu gusto polos temas fantásticos e raros achegouno ao Surrealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada ao O de Colonia (57.600 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO